Benvido ao sistema de sindicación de contidos (RSS) de Galescolas.net

Pechar

¿Que é RSS?

RSS é un formato de arquivos que permite a sindicación de contidos de páxinas web. As súas siglas responden a Really Simple Syndication.

¿Para que serve a sindicación?

A sindicación permite a consulta do resumo dos contidos dun sitio web sen necesidade de acceder a este. Para acceder a esta información, é preciso un programa de lectura específico, que pode ser unha aplicación web ou local instalada no ordenador do usuario, e que funciona de maneira semellante a un programa de correo electrónico, consultando con determinada periodicidade os enderezos dos RSS para amosar a última versión dispoñíbel do arquivo.

Uso

Actualmente, o portal Galescolas.net, sindica as novas publicadas. Os usuarios e usuarias do sistema poden elixir suscribirse á canle de novas principal e/ou ás canles concretas de cada centro ao que estean asociados/as. As últimas versións de navegadores como o Firefox e o Internet Explorer permiten a subscrición a canles RSS. É posíbel tamén empregar "lectores de feeds", ou ferramentas específicas dispoñibles na rede como Bloglines ou Netvives.

Novas Xerais

[B = Bloglines // G = Google // Y = My Yahoo! // M = MyMSN // N = Netvives ]
© Secretaría Xeral da Igualdade - Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, Xunta de Galicia