FESTA DE FIN DE CURSO
Escrito por Equipoeducativo_tominho, o 30 de Xullo do 2008 ás 18:50O pasado 12 de xullo, a galescola de Tomiño organizou unha saída coas familias. A saída consistiu nunha viaxe en tren dende Vila Nova de Cerveira ata Vila Praia de Áncora( Portugal) cunha gran asistencia, éramos un total de 110 persoas.
Tanto a maiores coma a pequenos a viaxe en tren gustou moito.
Unha vez alí, visitamos o parque de bombeiros do pobo e tamén demos un paseo pola praia.

Para comer subimos o Monte do Calvario, despois da comida fixemos xogos tradicionais.
E como non ía ser menos, as educadoras fixemos entrega dos diplomas ós nenos de 0 a 2 anos e os gorros e a banda de graduados, os meniños de 2-3 anos, que xa nos deixan.

Para os papis e mamis houbo concurso de deseño de gorros.

Por certo, PASÁMOLO MOI BEN.
Os cociñeir@s
Escrito por Equipoeducativo_tominho, o 29 de Xullo do 2008 ás 11:41Os meniñ@s de Tomiño experimentaron co fantástico mundo da cociña, ó longo de todo o curso elaboraron deliciosas e saborosas receitas.
Benvid@s!!!
Escrito por Equipoeducativo_tominho, o 2 de Xullo do 2008 ás 12:25Xa podedes visitarnos e así coñecer a escola, os nen@s, o equipo e as actividades que facemos e faremos de agora en diante,…
Esperamos que nos coñezades un pouco mellor e compartir con vós as experiencias da escola.
A plantación
Escrito por Equipoeducativo_tominho, o 2 de Xullo do 2008 ás 11:59Coa chegada da primavera na escola tamén colaboramos plantado a nosa horta.
Benvid@s !!
Escrito por Equipoeducativo_tominho, o 30 de Xuño do 2008 ás 17:56O equipo educativo da Galescola de Tomiño, anuncia:
Xa podedes visitarnos e así coñecer a escola, os nen@s, o equipo e as actividades que facemos e faremos de agora en diante,…
Esperamos que nos coñezades un pouco mellor e compartir con vós as experiencias da escola.