Ola a todos e todas !!
Escrito por anabelen, o 26 de Novembro do 2007 ás 09:09con ollos miudos
OBRADOIRO DE PSICOMOTRICIDADE
As nenas e os nenos da Escola Infantil de Oza temos un obradoiro novo que se chama psicomotricidade. Neste obradoiro pasámolo moi ben e gústanos moito porque nos deixan facer cousas que normalmente non podemos e que nos axudan a medrar ou, como din eles, axudan a un “desenvolvemento harmónico das nosas capacidades”…eles saberán…
Ás veces imos ó obradoiro “somos locomotoras” ¡como mola!. Déixannos correr, subir ó banco e saltar desde as alturas; damos reviravoltas na colchoneta, tirámonos polo chan, pasamos por un túnel… Tamén xogamos con pelotas, cordas, aros, globos e facemos equilibrios como no circo. Pero o que máis me gusta de todo é cando nos descalzamos para xogar nas colchonetas aínda que as veces preciso axuda, especialmente, cando papá me pon esas botas tan “difíciles”.
E outras veces imos ó obradoiro “ARTE SAN”. ¡que ben o pasamos alí! Nos deixan tocar a pintura coas mans , rachar revistas, poñer gomets, pintar con pincel, ensuciar o mandilón… Tamén facemos collares ,cosemos, xogamos coa plastilina e milleiros de cousas máis. A min gústame moito xogar cos puzzles e as construccións.
En fin, din que facer estas actividades axúdanos a ser máis autónomos; eu non sei que quere dicir iso, pero o que sí sei é que o paso pipa e, ademais, noto que cada vez camiño mellor e podo correr sen caerme tanto; podo ir ó baño eu só; collo mellor a culler e non me cae tanto a comida; casi podo poñerme a chaqueta… e moito máis… pero é que…
Quero facer tantas cousas!!!
QUEREMOS A PSICOMOTRICIDADE!!!