A trebellar co gravado

Escrito por angeles_boiro, o 13 de Agosto do 2008 ás 22:50

Un ano mais, e xa nin lembro se  son 8 ou 9, a finais de xullo estiven a trebellar co gravado no curso impartido polo artista noiés Alfonso Costa.  É apaixoante  e laborioso o proceso para gravar unha plancha pero mais aínda cando -tralo seu paso por o tórculo- o resultado se plasma en papel:

Diapositiva112.JPG

Qué lonxe queda o vindeiro curso!!

Ainda que temos a posibilidade de acudir ó taller durante todo o ano, non é o mesmo porque non contamos ca presenza do “mestre”  e a súa inestimable aportación as nosas obras.

 De seguido amósovos un gravado do curso pasado ó que lle teño un apego especial e que foi portada da revista “Alameda”.

Diapositiva113.JPG

 

 

Viaxe relámpago a Porto

Escrito por angeles_boiro, o 30 de Xullo do 2008 ás 08:31

Esgotando os últimos dias de vacacións fixen unha visita relámpago a Porto e ainda que o día non acompañara moito non impediu que gozaramos da cidade e nos quedaran gañas de repetir.

 

Diapositiva111.JPG

 

 

VIAXE A EXPO-ZARAGOZA

Escrito por angeles_boiro, o 8 de Xullo do 2008 ás 01:31

Mentres eu ando por Santiago de Congreso a miñas fillas visitan a Expo-Zaragoza.

Diapositiva19.JPG

Recoméndanme que a visite porque paga a pena.

Qué atrevidas!!

Escrito por angeles_boiro, o 8 de Xullo do 2008 ás 00:37

Este venres 4 de xullo, a miña compañeira Alicia e mais eu,  fomos convidadas a participar nunha mesa redonda de novas experiencias co blog no “III encontro de eduBLOGS” en representación de Galescolas. E alí estabamos as dúas. O reto impresionaba un pouco xa que o resto de participantes  tiñan experiencia no tema (todos eles estiveran en Allerbe nun encontro anterior). Aínda así pedimos expoñer a nosa experiencia abrindo a mesa para logo escoitar as do resto dos compañeiros con mais tranquilidade e decatarnos de canto nos queda por aprender. Pero xa estamos no camiño e seguiremos avanzando. Agardamos que a nosa participación fose do agrado dos asistentes. Para nós a experiencia pagou a pena!

A MIÑA PÁXINA COMO TARTARUGA

Escrito por angeles_boiro, o 22 de Maio do 2008 ás 16:58
Diapositiva17.JPG

Esta é páxina que fixen para o libro viaxeiro das tartarugas. Xa estou un pouco cansa de vela pero quero compartila con vos.  Espero que vos guste ainda que non falo nada de min. Gústame tela neste espazo como recordo dos primeiros alumnos que tiven na Galescola. Estánse facendo maiores e dentro de pouco xa nos van abandonar. Que tristura! Desexo que teñan  un bo recordo desta etapa da súa vida.

O MEU KOBI

Escrito por angeles_boiro, o 9 de Maio do 2008 ás 22:07

Hoxe preséntovos o meu canciño

Diapositiva16.JPG

Chámase Kobi e cada vez que chego xunto dél brinca de ledicia. É moi agarimoso  e gústalle moito xogar. A casiña tena de adorno porque case nunca a utiliza.

COMEZA A VIAXE DO LIBRO DAS TARTARUGAS

Escrito por angeles_boiro, o 9 de Maio do 2008 ás 21:23

Teño que dar as grazas as familias das miñas TARTARUGAS que se esmeraron na elaboración de cada unha das páxinas deste libro. Agora que xa está rematado imos comezar a disfrutalo todos xuntos. Como sempre o mellor está dentro, pero como non é posible amosalo todo achégovos unha imaxe da súa portada e…

Diapositiva13.JPG
             …de todos eles que son os protagonistas
    Diapositiva14.JPG

Unha boa nova

Escrito por angeles_boiro, o 2 de Maio do 2008 ás 20:06

Hoxe coñecín unha boa nova e só quero dicir “noraboa”, “parabens”, “felicitacións”. Temos que agardar un pouco para celebralo pero facémolo con moita ilusión.

Ola:

Escrito por angeles_boiro, o 17 de Abril do 2008 ás 09:33

Esta é a miña primeira entrada no meu blog. Estou poñendo en práctica as ensinanzas da miña compi de escola Catuxa para subir fotos ao blog. Amósovos unha do mes de setembro no contorno da central do Ézaro.

Non era tan complicado como parecía!…..

Diapositiva1.JPG

Comezarei por presentarme. Son Ángeles, unha das educadoras da aula das tartarugas na Galescola de Boiro. Comparto aula con Gloria, a miña parella educativa, e con Diana, Ali e Alma formamos o equipo docente do nivel 2-3 años.

Gústame o gravado -espero impaciente o curso de verán impartido como cada ano por Alfonso Costa no Liceo- e tamén facer manualidades. 

De seguido amósovos unha foto das tartarugas de comezos deste curso, na compaña dalgunhas bolboretas. Como case sempre, non están todos os que son nen son todos os que están!

Diapositiva11.JPG