ESTAMOS DE FESTAS

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Xullo do 2008 ás 12:24

Empeza a ser costume que festexemos distintos eventos cos nosos veciños do Centro de Día, e estando Boiro en festas non podía ser menos, tivemos unha mañá de bombas de palenque e tamén de gaiteiros, case nos gustou máis o segundo que o primeiro, pero de calquera maneira estamos gozando da festa que é o importante…

 

Diapositiva1114.JPG

I FESTA DE GRADUACIÓN DA GALESCOLA DE BOIRO

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Xullo do 2008 ás 08:33

Os nenos e nenas das aulas de 2-3 anos pasarán á historia da escola como a primeira promoción que se graduou na mesma. Quédalles por diante un longo camiño que percorrer pero xa teñen afincada unha base moi sólida. Sempre vos recordaremos.

Un bico moi forte das vosas mestras e ata sempre. Ahí vai un adianto……

 

 

Diapositiva1111.JPG

 

Diapositiva221.JPG
Se queredes ver mais podedes visitar as páxinas das aulas.

I EXCURSIÓN O PARQUE NATURAL DO VILAR

Escrito por equipo_boiro, o 1 de Xullo do 2008 ás 07:51

 

 

A nosa primeira excursión foi todo un éxito… Ás 9:30 da mañá collemos o autobús que nos levou ata o Parque Natural do Vilar no concello de Ribeira. Alí estaban agardandonos uns monitores que nos ensinaron moitas cousas: formamos equipos de cores e xogamos a ser exploradores recollendo pistas pola praia para logo clasificalas nunha manta. Desta maneira aprendemos a distinguir as cousas que son da praia do lixo que abandoamos nela. Pasámolo pipa!!!… e despois de tanto traballar tiñamos que repoñer forzas comendo no piñeiral para voltar de novo a actividade compartindo xogos cos pais. 

 Diapositiva1108.JPG

Este día non o esqueceremos xamais!

OUTRA VISITA Á PRAIA

Escrito por equipo_boiro, o 24 de Xuño do 2008 ás 07:49

Diapositiva1107.JPG

 

 

I FESTAS GALESCOLAS FIN DE CURSO

Escrito por equipo_boiro, o 22 de Xuño do 2008 ás 20:24

Diapositiva1104.JPG

Hoxe fomos de esmorga. Empezamos cedo porque tiñamos moito que facer: escultura, pintura, inchables, xogos tradicionais, construccións… Foi moitiño!!! Unha pausiña para xantar e volta de novo á actividade, para rematar de foliada co concerto de “mamá cabra”.

Diapositiva220.JPG

Que ben o pasamos!!!, e que pena que algúns xa marchamos para o cole e non imos poder repetir. A ver se meus pais se aníman e danme unha irmá para volver o vindeiro ano!.

 

 

2º REUNIÓN DOS ESPAZOS DAS FAMILIAS

Escrito por equipo_boiro, o 20 de Xuño do 2008 ás 09:03

Diapositiva1103.JPG

 

Este mércores 18 tivo lugar a 2ª sesión do ESPAZO DAS FAMILIAS na Galescola de Boiro tendo como eixe central NORMAS E LÍMITES. Puidemos gozar dunha xuntanza moi agradable onde cada familia expresou a súas dificultades como educadores dos seus fillos/as e compartiu cos demais as súas experiencias, todo isto nun clima de diálogo e cooperación onde, por suposto, non faltaron as risas e as anécdotas divertidas… 

MOITAS GRAZAS A TODAS/OS POR COMPARTIR ESTE MOMENTO!! 

 

SAÍDA DO VERÁN

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Xuño do 2008 ás 15:08

Diapositiva194.JPG

Diapositiva216.JPG

Por fin chegou o bo tempo!!: 

Hoxe amañeceu un día estupendo en Boiro así que aproveitamos para saír a dar un paseo pola praia, mollar os pés, xogar coa area, sentir a calor e gozar da paisaxe de costa coa que nos agasalla o contorno da escola.

DEGUSTACIÓN CULINARIA

Escrito por equipo_boiro, o 5 de Xuño do 2008 ás 08:28

Onte na merenda estivemos a comer produtos ricos e divertidos, unha cesta de melón, un chinés de ovo, palmeiras de cenoria,  e ata un lazo de porro, O noso cociñeiro  aplicouse a fondo para que os nenos e nenas gozaran arreo e comeran que daba gusto velos. Grazas Fran, cando queras podes repetir…

 

Diapositiva191.JPG

 

 

 

VISITA ANIMADA

Escrito por equipo_boiro, o 5 de Xuño do 2008 ás 08:26
Diapositiva192.JPG

CANTO MEDRARON!

Escrito por equipo_boiro, o 2 de Xuño do 2008 ás 16:57

Levamos uns días sin poder sair o patio exterior pola choiva. Hoxe fixo bo, saimos e tiñamos sorpresas: como medraron as nosas plantas!!!. A derradeira vez que as vimos comezaban a brotar e agora axiña lle comezarán a sair as flores. Pero non era esa a única ledicia do día, unha xoaniña  agardábanos para xogar con ela un pouquiño e así o fixemos.

Diapositiva189.JPG