Arquivo de Febreiro, 2008

O ENTROIDO

Escrito por beatriz_boiro, o 4 de Febreiro do 2008 ás 15:19

Na Galescola de Boiro estamos a celebrar o noso primeiro entroido:

A primeira semana vestímonos de pallaso engadindo cada día complementos diferentes: o luns unha gravata, o martes unha gravata e un sombreiro, o mércores unha gravata, un sombreiro e uns coloretes…ata que o venres todos/as nos convertimos nestos pallasetes:

 

PHOT00361.JPG

O venres 1 de febreiro, celebramos unha gran festa na que non faltaron a música, as orellas, as filloas e na que lucimos os disfraces que con tanta ilusión os nosos papás e mamás nos elaboraron coa axuda das mestras.

 

PHOT0063.JPG

O luns 4 de febreiro celebramos o día do disfraz libre e mirade que guapa veu a nosa ratiña máis pequena!!

 

PHOT0009.JPG

Mañá, martes  5 de febreiro celebraremos o día do choqueiro: para rescatar da memoria o entroido no rural cando os nosos maiores vestían uns farrapos e percorrían o pobo de porta en porta e para que os nosos cativos coñezan os costumes do entroido máis tradicional.