Arquivo de Maio, 2008

COMPARTINDO XOGOS

Escrito por equipo_boiro, o 30 de Maio do 2008 ás 22:08

Hoxe bolboretas e tartarugas gozaron dunha sesión conxunta de xogo. Con só abrir as portas interiores da aula as posibilidades de xogo aumentaron e…., uns decidíronse polos disfraces, outros pola cociña e os cachariños, outros polos coches e o garaxe e ata se animaron a sacar a pasear aos bebés… ollade o ben que o estiveron a pasar:

Diapositiva185.JPG

A NOSA AMIGA LOLA

Escrito por equipo_boiro, o 29 de Maio do 2008 ás 16:10

Diapositiva180.JPG

Chegou unha nova amiga á escola. Chámase Lola e todos queremos xogar con ela. Axiña poñerémola guapa cos seus vestidos.

O TEATRO DE COR

Escrito por equipo_boiro, o 22 de Maio do 2008 ás 23:09

Diapositiva167.JPG

PONSE EN MARCHA O ESPAZO DAS FAMILIAS

Escrito por equipo_boiro, o 22 de Maio do 2008 ás 16:50

Onte a tarde comezamos co espazo das familias. Nesta primeira reunión quixemos coñecer cales son as inquedanzas de todas elas. Dende a galescola queremos darvos as grazas a todos por facernos sentir cordialidade, confianza e repecto.

Diapositiva159.JPG

COMEZA A SEMANA CULTURAL

Escrito por equipo_boiro, o 12 de Maio do 2008 ás 15:53
 Co gallo de celebrar a Semana das Letras Galegas o equipo educativo organizou unha serie de actividades que xiran en torno á música, os contos, e o teatro galegos, co obxectivo de achegar aos nosos cativos e cativas a cultura e folclore propios da nosa comunidade.  

Para poder levar a cabo toda esta labor contamos coa colaboración de familiares e amigos que se prestaron a demostrar as súas habilidades neste eido.

Luns 12 de Maio Diapositiva156.JPG

Hoxe temos que agradecer a Inma e Noela a fantástica actuación que ofreceron coa gaita e o saxofón.

Só temos que ver as olladas atentas dos nenos e nenas que con tanto interese escoitaron pezas tan enxebres como a “Muiñeira de Chantada”.

Cando soou o “Compás do Tren”,  ate se decidiron a facer un gran tren que circulou por toda a escola.

E como non podía ser doutra maneira o noso humilde agasallo en forma de certificado de recoñecemento para as artistas de hoxe.

º      º       º       º      º      º      º      º   º      º        º      º

Martes 13 de Maio

 Diapositiva157.JPG

Fixemos un gran obradoiro con fin de elaborar o agasallo do día da familia que é este vindeiro xoves 15 de maio, xuntámonos e compartimos un tempo lúdico onde cada quen fixo un regalo distinto.

 

Mércores 14 de Maio:  COMEZOU A VIAXE
                  

 

Diapositiva37.JPG

 

 

 O libro viaxeiro das bolboretas e tartarugas xa comenzou a súa andaina polos fogares boirenses. Amosámosvos unha pequena mostra do gran traballo levado a cabo polas familias dos nenos e nenas das aulas de 2-3 anos xunto coas súas educadoras.
Diapositiva213.JPGDiapositiva161.JPG
º    º    º    º    º    º    º
º    º    º
Xoves 15 de Maio 

Directamente dende a Arxentina chegáronnos estas dúas mozas para contarnos un conto, facer globoflexia e ata bailar… Moitas grazas por vir Natalia e Clarita

Diapositiva163.JPG
Pola tarde tivemos unha gran actuación de títeres da man de Glenisbel e Verónica e tamén dunha graciosa pallasa, recoñecédela?
Os nenos e nenas xunto coas mestras gozamos moito coa vosa actuación, moitas grazas pola vosa colaboración e por facernos pasar un bo momento.
Presentación3.jpg
Presentación11.jpg
o   o   o   o   o   o   o   o   o  o  o
o   o   o   o   o   o   o
Venres 16 de maio
Para rematar esta semana cultural visitáronnos os nosos maiores que nos transmitiron contos, adiviñas e cantigas da tradición oral. Para agradecerlles a súa visita todos nós agasallámolos cunha canción infantil
Diapositiva164.JPG
Grazas a todos os que fixechedes posible a celebración desta
I Semana Cultural na Galescola

PLANTAMOS SEMENTES

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Maio do 2008 ás 15:21

Hoxe na galescola, despois de tanto cumple, aínda nos quedou un ratiño para poñernos mans á obra e plantar as sementes. Aínda que de momento non temos unha zona de horto isto non foi impedimento para facelo. Primeiro decoramos a nosas macetas e logo dispuxémonos coa plantación. Ollade…

Diapositiva150.JPG

 

BARQUIÑOS DE CASCARA DE NOZ

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Maio do 2008 ás 09:55

Os barquiños de cáscara de noz fixeron unha primeira inmersión nun barreño probando  a súa flotabilidade antes de comezar a súa botadura na nosa praia, dentro duns días cando xa estean preparados iranse a navegar… 

Diapositiva147.JPG

AGORA TOCA O XARDÍN

Escrito por equipo_boiro, o 7 de Maio do 2008 ás 08:01

Diapositiva146.JPG 

Nesta Galescola senón é o xardín será outra cousa, estas educadoras andan a romper a cabeza para poñernos a traballar, isto non pode ser….   Pero vámolo deixar de fermoso que van botar as mans á cabeza…. que sorpresa van levar!!!!

FACEMOS ANIMAIS

Escrito por equipo_boiro, o 2 de Maio do 2008 ás 11:29

 Diapositiva141.JPG

Levamos uns días traballando os animais, imitamos os sons, a maneira de camiñar e para rematar a unidade decidimos facer un cisne e unha ovella para decorar a nosa galescola.  A ovella dounos un pouco máis traballo porque se nos pegaba o algodón ás mans pero quedounos así de ben.