I FESTAS GALESCOLAS FIN DE CURSO
Hoxe fomos de esmorga. Empezamos cedo porque tiñamos moito que facer: escultura, pintura, inchables, xogos tradicionais, construccións… Foi moitiño!!! Unha pausiña para xantar e volta de novo á actividade, para rematar de foliada co concerto de “mamá cabra”.
Que ben o pasamos!!!, e que pena que algúns xa marchamos para o cole e non imos poder repetir. A ver se meus pais se aníman e danme unha irmá para volver o vindeiro ano!.
23 de Xuño do 2008 ás 23:56
Felicidades pola festa, pasámolo moi ben con todas as actividades, a música, os contos… . Especialmente a vos, gracias pola araña e o polvo de barro que nos fixechedes, non o esqueceremos. Espero que nos vexamos para o ano, xa o estamos desexando.