Arquivo de Xullo, 2008

OBRADOIRO DE PINTURA

Escrito por equipo_boiro, o 30 de Xullo do 2008 ás 13:53

Onte  pintamos no chan  con xiz e hoxe para rematar pintamos na parede. Agardemos que aos nosos cativos non se lles ocorra repetir experiencia na casa, senón algún que outro familiar vainos tirar das orellas por darlle tantas ideas… 

  Diapositiva1119.JPG

 

E AGORA TOCOU MERENDOLA

Escrito por equipo_boiro, o 11 de Xullo do 2008 ás 11:41

Este foi o resultado, apetecible?, pois moito, pero sentímolo xa non as podedes probar porque rematámolas todas, a próxima vez prometémosvos facer máis e convidarvos…

 

Diapositiva1117.JPG

 

HOXE, FOMOS COCIÑEIROS

Escrito por equipo_boiro, o 10 de Xullo do 2008 ás 11:38

Hoxe o tempo non nos acompañou e non puidemos gozar do noso xardín, pero aquí sempre temos recursos para todo, estivemos facendo galletas para comer mañá, mesturamos o ingredientes amasamos e démoslle formas divertidas, logo Fran levounas para a cociña para fornear un pouquiño e mañá degustaremos deste manxar, que foi obra de todos…

Mirade o noso blog mañá e veredes que ricas nos saen.

 

Diapositiva1116.JPG

ESTAMOS DE FESTAS

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Xullo do 2008 ás 12:24

Empeza a ser costume que festexemos distintos eventos cos nosos veciños do Centro de Día, e estando Boiro en festas non podía ser menos, tivemos unha mañá de bombas de palenque e tamén de gaiteiros, case nos gustou máis o segundo que o primeiro, pero de calquera maneira estamos gozando da festa que é o importante…

 

Diapositiva1114.JPG

I FESTA DE GRADUACIÓN DA GALESCOLA DE BOIRO

Escrito por equipo_boiro, o 9 de Xullo do 2008 ás 08:33

Os nenos e nenas das aulas de 2-3 anos pasarán á historia da escola como a primeira promoción que se graduou na mesma. Quédalles por diante un longo camiño que percorrer pero xa teñen afincada unha base moi sólida. Sempre vos recordaremos.

Un bico moi forte das vosas mestras e ata sempre. Ahí vai un adianto……

 

 

Diapositiva1111.JPG

 

Diapositiva221.JPG
Se queredes ver mais podedes visitar as páxinas das aulas.

I EXCURSIÓN O PARQUE NATURAL DO VILAR

Escrito por equipo_boiro, o 1 de Xullo do 2008 ás 07:51

 

 

A nosa primeira excursión foi todo un éxito… Ás 9:30 da mañá collemos o autobús que nos levou ata o Parque Natural do Vilar no concello de Ribeira. Alí estaban agardandonos uns monitores que nos ensinaron moitas cousas: formamos equipos de cores e xogamos a ser exploradores recollendo pistas pola praia para logo clasificalas nunha manta. Desta maneira aprendemos a distinguir as cousas que son da praia do lixo que abandoamos nela. Pasámolo pipa!!!… e despois de tanto traballar tiñamos que repoñer forzas comendo no piñeiral para voltar de novo a actividade compartindo xogos cos pais. 

 Diapositiva1108.JPG

Este día non o esqueceremos xamais!