BOLBORETAS

 

A aula das bolboretas remata a súa andaina polo ciclo 2-3 anos. A continuación unha homenaxe a algunhas delas.

 

Diapositiva1112.JPG

 

 

Diapositiva222.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Diapositiva310.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para celebralo fixemos unha excursión de fin de curso á que non faltaron os compañeiros e compañeiras das outras clases, os pais e nais que quixeron participar e as mestras. Sempre vos recordaremos!

 

 Diapositiva39.JPG

 

Diapositiva44.JPG

 

 

 Diapositiva53.JPG

Ao final da xornada como vemos  rematamos rendidos…….

 

 Unha sesión de psicomotricidade. Como melloramos co noso equilibrio e como nos divertimos…

Diapositiva38.JPG

 

 

 

 

 

 Aquí estamos preparando o mural das vacacións. Temos pensado visitar tantos sitios…

Diapositiva219.JPG

 

  

  

  

  

  

 

 AS BOBLBORETAS PREPARAN PEXEGOS PARA COLOCAR NA ÁRBORE DO VERÁN. QUE RICOS!

Diapositiva1100.JPG
e tamén algunha construcción

 

  

  

  

  

  

GUARDIAS DE TRÁFICO VISITAN A GALESCOLA 

 

Diapositiva178.JPG

 

 

 

Diapositiva215.JPG 

 

Hoxe os nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer de guardias de circulación por un día. Si o semáforo estaba vermello debían parar e ao poñerse verde seguimos circulando. 

 

 

 

 

UN DÍA COAS BOLBORETAS

 

Tódalas mañás cando chegamos, logo de saudar ás mestras e compañeiros/as, colocamos a nosa foto na escola. 

 

Diapositiva51.JPG 

A continuación cantamos todos xuntos a canción de Bos días!

Seguimos na alfombra e chega o momento de colocar no tren o día que é hoxe e tamén o tempo que vai. Esta é tarefa do encargado da aula! 

 

 

 Diapositiva174.JPG

 

Hoxe toca traballo de mesa. A facer boliñas para encher o verme. Canto traballo! 

Diapositiva175.JPGDiapositiva133.JPG

 

Logo tocan hábitos hixiénicos e a repoñer forzas. A tomar a galleta! 

E logo ao patio. Si está bo tempo imos ao patio de fora. Canto quenta o sol e que ben o pasamos…

Diapositiva52.JPG 

Este curso xa fixemos moitos amigos, como nos divertimos e nos rimos con todos eles 

 

Diapositiva134.JPG

E se está malo e chove non nos importa. Sen patio non imos quedar e para iso temos o patio interior. Como desfrutamos cos coches e coas motos…. 

Diapositiva176.JPG

 

Ao voltar do patio a xogar outro pouco. Algúns días levamos a cabo actividades de psicomotricidade. Como nos gustan as carreiras. A ver quen gaña! 

 

 

 

Diapositiva177.JPG

 

Que cansos estamos despois da carreira. Agora a repoñer forzas. Imos ao comedor! 

Diapositiva179.JPG 

 

 

 

 

O MURAL DA PRIMAVERA 

Para poder facer o mural da primavera tivemos que traballar moito. Esta foi unha parte do proceso… 

11042008.jpg

 

 

11042008(001).jpg

 

 

 

 

 

 

 

Exploramos novas técnicas plásticas 

Estamos explorando con novas técnicas e aínda que nos poñemos perdidos intentámolo coa técnica do salpicado con cepillos de dentes. Non nos quedou nada mal!

10042008(001).jpg

 10042008(002).jpg

 

 Xa coñecemos a cor azul! e coma sempre fixemos unha festa. 

14032008(001).jpg

 

 

FELIZ ANIVERSARIO LARA E MARTÍN C.!!

Hoxe pola mañán a nosa bolboreta Martín C. e a nosa bolboreta Lara celebraron por todo o alto o seu terceiro aniversario. Na festa non faltou de nada, bailes, cancións, biscoito e moitas gañas de pasalo ben. Ademáis as tartarugas estiveron invitadas á festa polo que había un mogollón de invitados e invitadas.

 

 DESCARGA CAMARA venres 4 abril 097.jpg

 

 

 

 

 

 

  

    º  º  º  º  º  º

 

OS OFICIOS

Os oficios é unha das nosas uniades didácticas deste trimestre e por iso é unha boa oportunidade de achegar os oficios e profesións dalgúns dos pais ou xente próxima a nós a nosa galescola.

 

A enfermería
A mama Mariña, Eva, traballou co equipo da nosa caixa de emerxencias para que os cativos perdan o medo a ir ó médico

Profesións 055.jpg

A perruquería
A Nai de Martín Paz, Manola,  experimentou cos rapaces a sensación de ir a perruquería

    Profesións 094.jpg  Profesións 101.jpg

A Atención ós maiores
Estivemos na compaña dos nosos veciños do centro de día e alí tamén aprendemos cal é o seu traballo

     Profesións 038.jpg   Profesións 035.jpg

A restauración 

Tamén tivemos a vistita da mamá de Juanma, que se ofreceu voluntaria para participar nas actividades programadas.Os nenos/as tiveron a ocasión de coñecer cal é o traballo da/o camareira/o, axudaron a servir a mesa, atender ó cliente… e sobre todo pasaron un rato moi entretido.

IMG_0057.JPG   IMG_0067.JPG

Natalia tomou nota do que a clienta Ángeles quería para comer e o noso cociñeiro Fran, preparou un suculento prato de albóndegas que, por certo,estaban boísimas!!!