OUTRA VISITA Á PRAIA
Escrito por equipo_boiro, o 24 de Xuño do 2008 ás 07:49
Hoxe fomos de esmorga. Empezamos cedo porque tiñamos moito que facer: escultura, pintura, inchables, xogos tradicionais, construccións… Foi moitiño!!! Unha pausiña para xantar e volta de novo á actividade, para rematar de foliada co concerto de “mamá cabra”.
Que ben o pasamos!!!, e que pena que algúns xa marchamos para o cole e non imos poder repetir. A ver se meus pais se aníman e danme unha irmá para volver o vindeiro ano!.
Este mércores 18 tivo lugar a 2ª sesión do ESPAZO DAS FAMILIAS na Galescola de Boiro tendo como eixe central NORMAS E LÍMITES. Puidemos gozar dunha xuntanza moi agradable onde cada familia expresou a súas dificultades como educadores dos seus fillos/as e compartiu cos demais as súas experiencias, todo isto nun clima de diálogo e cooperación onde, por suposto, non faltaron as risas e as anécdotas divertidas…
MOITAS GRAZAS A TODAS/OS POR COMPARTIR ESTE MOMENTO!!
Por fin chegou o bo tempo!!:
Hoxe amañeceu un día estupendo en Boiro así que aproveitamos para saír a dar un paseo pola praia, mollar os pés, xogar coa area, sentir a calor e gozar da paisaxe de costa coa que nos agasalla o contorno da escola.
Onte na merenda estivemos a comer produtos ricos e divertidos, unha cesta de melón, un chinés de ovo, palmeiras de cenoria, e ata un lazo de porro, O noso cociñeiro aplicouse a fondo para que os nenos e nenas gozaran arreo e comeran que daba gusto velos. Grazas Fran, cando queras podes repetir…
Levamos uns días sin poder sair o patio exterior pola choiva. Hoxe fixo bo, saimos e tiñamos sorpresas: como medraron as nosas plantas!!!. A derradeira vez que as vimos comezaban a brotar e agora axiña lle comezarán a sair as flores. Pero non era esa a única ledicia do día, unha xoaniña agardábanos para xogar con ela un pouquiño e así o fixemos.
Hoxe bolboretas e tartarugas gozaron dunha sesión conxunta de xogo. Con só abrir as portas interiores da aula as posibilidades de xogo aumentaron e…., uns decidíronse polos disfraces, outros pola cociña e os cachariños, outros polos coches e o garaxe e ata se animaron a sacar a pasear aos bebés… ollade o ben que o estiveron a pasar:
Chegou unha nova amiga á escola. Chámase Lola e todos queremos xogar con ela. Axiña poñerémola guapa cos seus vestidos.