VACAS
Xogamos aos arrastres
Taller de pintura
RASGAMOS PAPEL
º º º º º º º º º º º º
Hoxe fixemos un teatro de monicreques, e houbo quen foi unha valente e aínda quixo xogar co lobo “feroz” que ó final era un canciño sen dono.
Estamos a estudar, ou máis ben a degustar os alimentos, uhmmm, que ricos!!!
Fixémoslle un mandil a Maruxa
Maruxa hoxe fixo marmelada de amorodo e puxémoslle un mandil para que non manchara o traxe. Seica anda o Pepe a facernos algo na cociña para degustar
Circuíto de motos
Nada mellor que para soltar adrenalina un pouco de movemento, e iso foi o que conseguimos, fixemos carreiras de motos nos corredores.
“Estoril” chegou a Boiro… Que ben o pasamos!!
Xogamos coa nosa sombra
Recollemos flores no xardín
Pintamos no cristal
![]()
![]()
Facemos psicomotricidade
Esta semana estámoslla adicando ós animais, para iso o millor é imitalos, primeiro reproducimos os seus sons e logo camiñamos coma eles. Mirade como andan os nosos gatiños “miaaaaaau, miaaaaaau…”
![]()
º º º º º º º º º º º º º
A primavera chegou un pouco tímida aínda que a nosa Galescola xa está inundada por un mar de flores, caracois, xoaniñas, abellas e un montón de colorido que nos recorda na estación na que estamos.
Fixemos un mural onde plantamos flores nas nosas macetas ca axuda da nosa amiga Maruxa a xardineira que é a encargada de regarnos as plantas.
º º º º º º º º º º º º º
º º º º º º º º º º º º
RUTINAS DUN DÍA CAS VACAS
Comezamos a mañá con moitas ganas… en primeiro lugar colocamos a nosa foto no panel da Galescola para saber os que viñemos ó cole e os amigos que están enfermos e quedan na súa casiña a curarse. Aínda que nos custa estar sentados cada día facémolo mellor, despois afinamos as voces e preparamos o corpo para cantar as nosas cancións favoritas.
Estas rutinas son diarias pero despois comezamos ca actividade programada por exemplo hoxe, como xa estamos na primavera puxémonos mans a obra e pintamos xoaniñas, caracois, bolboretas… e por suposto as mans e a cara e algún que outro saboreamos a pintura de dedos que ten moi boa pinta con esas cores tan vistosas.
Despois dunha mañá de traballo merecémonos un descanso e sobre todo un aperitivo é entón cando tomamos a galleta sentadiños cada un na súa foto, uhmmmm que boa está. A continuación xuntámonos coas xoaniñas e facemos o recreo todos xuntos, xogamos cos coches, motos e no tobogán que nos gusta moito. Uff que cansos estamos.
Ah!!! Xa son as doce temos que asearnos e cambiar o cueiro porque xa vai vir papá ou mamá a buscarme, e algúns temos que ir a comer, a ver que toca hoxe.
Que rica está a comida xa acabei todo, son un campión! agora teño que botar o babeiro a lavar e ir para a aula onde lavo a cara e as mans e me preparo para durmir mentres outros esperan ansioso a que veñan a buscalo.