ANIVERSARIOS.

Escrito por begona_lameiro, o 9 de Xullo do 2008 ás 14:07

XA TEÑEN 2 ANOS: MARCOS, BRAIS,CRISTINA E ANXO.

IMG_01432.JPG

IMG_0260.JPG

IMG_0082.JPG

IMG_0010.JPG

XA TEÑEN 3 ANOS: LUCIA, UXÍA, DIEGO,

CAROLINA, NEREA.
IMG_0181.JPG

IMG_0103.JPG

IMG_0076.JPG

IMG_0435.JPG

IMG_0174.JPG

PARABENS PARA TODOS/AS.

Quen veu hoxe?

Escrito por begona_lameiro, o 26 de Maio do 2008 ás 08:58

Todos os días levamos a cabo unha asamblea na que as crianzas da nosa Galescola pasan “lista” onde colocan no noso verme a inicial do seu nome na que está a súa foto. Cando rematamos miramos pola fiestra para ver que tempo vai e colocar no panel do tempo as nubes, o sol, a choiva… e así comezar a nosa xornada de traballo.
IMG_0264.JPG                        IMG_0021.JPG

FEBREIRO 2008

Escrito por begona_lameiro, o 14 de Maio do 2008 ás 14:03
O ENTROIDO.
A semana do 28 ao 31 de xaneiro foi a nosa SEMANA DO ENTROIDO, na que os/as nenos/as foronse mergullando, pouco a pouco, nesta festa. Para iso, propuxemos ás familias facer uns cambios na vestimenta e merenda das crianzas durante esas datas.
- O luns trouxeron un sombreiro orixinal e de merenda filloas.
- O martes un nariz pintado de vermello e de merenda orellas.
- O mércores unha garabata e de merenda flores.
- O xoves o calzado desemparellado e de merenda o postre do entroido que máis lle gustara.
- O venres fomos o desfile do entroido co C.E.I.P Antonio Cerviño polas rúas de Campo Lameiro e despois a festa que se celebrou no Colexio xunto cos/as nenos/as do 2º ciclo de educación infantil e tamén coas familias.
Toda a semana estivemos preparando os nosos disfraces de abellas e aprendo a canción que compuxemos a equipa educativa.
DSCN0571.JPG DSCN0564.JPG                          DSC01173.JPG DSC01186.JPG
“Somos abellas pequenas,
somos abellas fedellas
brincamos polas flores
facemos mel de mil sabores,
QUE BO ESTA!!!, QUE BO ESTA!!!”

OLAAAAAAAAAA!!!!!!!!!

Escrito por begona_lameiro, o 14 de Maio do 2008 ás 08:40

00020.jpg

A nosa andaina como Galescola comenzou en xaneiro, pero non foi ata febreiro cando pasamos ás novas instalacións; e por falta de tempo e medios non aparecemos no blog ata o de agora.

Recibide un saúdo da Equipa Educativa.

00005.jpg

Benvidos !!

Escrito por begona_lameiro, o 23 de Abril do 2008 ás 08:15

Esta é a primeira anotación no blog do centro Galescola de Campo Lameiro. Pode editala ou borrala premendo na ligazón correspondente.
Para obter mais información sobre o centro, pode visitar galescolas.net ou a páxina do proxecto curricular do centro situada no menú lateral.