Escrito por bonome, o 19 de Abril do 2008 ás 23:51
Facía moito tempo que non escribíamos nada na bitácora, o meu pái que é un lacazán, pero hoxe fumos ata o Acuario Finisterrae, Casa de los peces, mandeille o meu paí que nos fixera fotos.
Mañán celebramo-lo cumpreanos da aboa Concha, o día 14 de abril fixo 94 anos, e mañán imos ata Gandario a celebralo toda a familia xunta, xa teño gañas de toma-la tarta.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 3 de Xaneiro do 2008 ás 23:31
Hoxe disfrutamos dun concerto fabuloso do grupo Mama cabra na sala de actos da Biblioteca González Garcés, ¡qué divertidos, e simpáticos!, non parei de dar palmas durante toda a hora.

Despoís do concerto deron agasallos nun sorteo, a min tocoume unha mochila e ó meu irmán Xoán un libro de Fina Casalderey, pero o mellor foi o bon rato que pasei, moi bos todos os do grupo.
Voulle a mandar os meus pais a mercar o disco deste grupo deseguido.

Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 31 de Decembro do 2007 ás 19:45
O meu desexo para o ano 2008 e que as fadas, meigas, magos, trasnos, elfos e demáis compañeiros de aventuras sean os vosos aliados e vos protexan do mal de ollo
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 24 de Decembro do 2007 ás 00:35
Chega o Nadal, unhas festas moi riquiñas, as ruas cheas de luces, os comercios adornados con figuriñas, na casa temos unha árbore con luces e bolas, tamén hai moitas comidas ricas, e fanse moitas festas, dín que vai vir Papa Noel e trae consigo agasallos, ¡xa veremos!
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 22 de Decembro do 2007 ás 00:11
Teño unha nova curmán, chamasé Candela , naceu o día vinteun as 00:18, é moi grandiña pesou 3 kilos e 300 gramos, i e moi guapa, pero sempre está durmindo, din que cando naceu esforzouse moito, a min pareceume que tiña soño e por eso durmia, mentras estiven na habitación non fixen nada de ruido para que ela non se despertara, e tan guapa, meu paí e miña naí din que ten parecido co meu tio Alfredo, eu penso que é maís guapa que él.
A qué sí?
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 17 de Decembro do 2007 ás 23:36
Onte fixemos unha cativa viaxe ata o porto de Lorbe, perto de Sada.
¡Qué friiiiiioo!

Alí se atopaba a tia Ana e Carlos, este loitaba contra os peixes por ver quen soportaba mellor o frío.
Gañaron os peixes.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 13 de Decembro do 2007 ás 00:10
Se queres podes visitar a miña nova páxina, Me gusta, que ten textos e fotos acerca de todo o que me gusta.
¡Non a perdas!
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 29 de Novembro do 2007 ás 00:05
O sábado pola mañán fun co meu pai e co meu irmán Xoán a escoitar un conto na biblioteca, o conto foi moi laaaaargo, ó principio gustoume, pero despoís aburriume un anaco e fun buscar un conto que me gostara máis, e atopamos un lote deles, na biblioteca Miguel Gónzalez Garcés podedes atopar unha enorme cantidade deles, eu preferín uns dos Lunnis, e a ler, e….ti, ¿lés?.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 15 de Novembro do 2007 ás 23:06
Está semana adicasé a ciencia, e por iso nos museos científicos da Coruña a entrada é gratuíta.
Estivemos meus pais, Xoán e maís eu na procura dos peixes dos contos, vimos como merendaban as focas, contamos ata seis foquiñas, ¡qué maneira de tragar peixes!.

No paseo veu unha compañeira da clase de Xoán, chamase Patricia, coa sua irmá Blanca e a sua nai, todos xuntos buscando a Nemo, que aínda non sabemos por donde se atopa, pero si que nos fixemos unha foto con Dorí.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por bonome, o 11 de Novembro do 2007 ás 01:01
Hoxe sábado subimos ata o monte de San Pedro no elevador, é preciosa a vista da nosa cidade, lástima que fora de noite, temos que repetilo de día, a próxima fin de semana.
¡Qué grande é a torre de Hércules!
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »