Benvidos !!
Escrito por carolina_fene, o 30 de Outubro do 2007 ás 12:49
OUTONO
Co preguiceiro outono e as súas voadoras follas comezou a andaina da Galescola Fene. Ollade o xeitosa que está a escola!

Unha avoa e un avó dannos a benvida e amósannos produtos de outono: uvas, noces, améndoas, belotas, castañas, cabazas, figos,…
Namentres, os nosos pés pisan follas naturais e de cartolina de diferentes formas e cores, tan só coa axuda dun pouco de aeronfix.
——————————————————————————————-
Tras días de experimentación chegou o gran día da festa de outono. Tódalas crianzas recolleron en familia un feixiño de follas para traer á escola, follas que o 15 de novembro fixeron un gran manto co que xogar e troulear. Seguro que ollando as fotos imaxinades o ben que o pasamos!


Pintamos follas para decorar a Galescola.

Experimentando distintas sensacións co medio natural.


Que caladiñas escapan as follas das árbores e que buliciosas e divertidas amósanse baixo os nosos pés
