Benvidos !!
OUTONO
Co preguiceiro outono e as súas voadoras follas comezou a andaina da Galescola Fene. Ollade o xeitosa que está a escola!

Unha avoa e un avó dannos a benvida e amósannos produtos de outono: uvas, noces, améndoas, belotas, castañas, cabazas, figos,…
Namentres, os nosos pés pisan follas naturais e de cartolina de diferentes formas e cores, tan só coa axuda dun pouco de aeronfix.
——————————————————————————————-
Tras días de experimentación chegou o gran día da festa de outono. Tódalas crianzas recolleron en familia un feixiño de follas para traer á escola, follas que o 15 de novembro fixeron un gran manto co que xogar e troulear. Seguro que ollando as fotos imaxinades o ben que o pasamos!


Pintamos follas para decorar a Galescola.

Experimentando distintas sensacións co medio natural.


Que caladiñas escapan as follas das árbores e que buliciosas e divertidas amósanse baixo os nosos pés

30 de Outubro do 2007 ás 12:49
Ola, este é un comentario.
Para borrar un comentario, revise os comentarios da anotación,
logo terá a posibilidade de editalos ou borralos.
6 de Febreiro do 2008 ás 15:44
Parabéns polo voso blog! Esperamos coñecervos un pouquiño máis a través desta ventá! Saúdos dende Oia.
8 de Febreiro do 2008 ás 09:18
Parabéns de todo o equipo educativo de Boiro, moitos outonos máis para a Galescola de Fene.
Unha aperta!!!
13 de Febreiro do 2008 ás 16:04
Aprezado equipo. Parabéns por botar a andar o voso blog e abrirnos unha fiestra da vosa galescola ao resto do mundo. As imaxes que nos amosades son moi bonitas e axúdannos a tomar ideas e melloralas entre todos e todas.
Un saúdo
Carlos