Arquivo de Febreiro, 2008

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Escrito por carolina_fene, o 27 de Febreiro do 2008 ás 18:47

 

 

   “ A única alternativa á guerra é a paz, e o único

camiño para a paz é a negociación”

GOLDA MEIR.

Política israelí.

 

 

 

paz.jpg
    
A Galescola Fene festexou o día da Paz colocando un muro simbólico á entrada do centro. Muro que se derruba  coas pombiñas decoradas das crianzas e coas verbas de nais, pais, avós, avoas e toda a gran familia que é esta comunidade educativa.
Respecto, comprensión, amor, solidariedade, empatía, en sinxelas frases e poemas, pequenos retalos de sentimento nados en colectividade por e para o mundo.

 

 Un bico e unha aperta

 

paloma_pp.gif

 

 

Irmáu


Camiñan ao meu rente moitos homes,
no nos coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras
por enriba de muros e valados,
si os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

 

Celso Emilio Ferreiro

(do libro “Longa noite de Pedra”)

 

 ninos.gif

 ”Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño”
“A violencia é o medo ós ideais dos demais”
“O que se obtén con violencia, só se pode manter con violencia”
“Non deixes que morra o sol sin que morran os teus rencores”

“Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego”

Mahatma Gandhi

paz0.jpg

 

CAMPAIÑAS DE NADAL

Escrito por carolina_fene, o 27 de Febreiro do 2008 ás 18:15

PINTAMOS CAMPAÍÑAS PARA  DECORAR UNHA ÁRBORE QUE APARECEU Á ENTRADA DA GALESCOLA.

     camp2.JPG    camp3.JPG

camp1.JPG

GORROS, ZAPATILLAS,…

 

Canta roupa de inverno!

 mantón.JPG

No inverno vai moito frío e trouxemos á Galescola  as nosas confortábeis zapatillas.

 

zapat.JPG

QUEN TEN UN GORRO COMA ISTE?

Sorrisos para o mundo.

 

NADAL BEBES(2).jpg 

 

NADAL BEBES (1).jpg

 

Cor, cor ……vermello!

fonso,yago.JPG  g2.JPG

 

 g3.JPG g1.JPG

  TEMOS CARTAS NA MAN, QUEN VISITA A GALESCOLA?

 

 

paxes (2).jpg  paxes (1).jpg

Encántanos que veña xente !

paxes (3).jpg

BEBÉS

Escrito por carolina_fene, o 11 de Febreiro do 2008 ás 20:33

VIVIMOS NUN MUNDO DE CORES!

PB050204.JPG 

A miña ovella axúdame no volteo!

PB060218.JPG

Cantas cousas por ver tocar e experimentar!

   PB160230.JPG

Morfeo visita sempre a nosa Galescola.

PB100221.JPG   PB060214.JPG

PB060001.JPG

DISFRUTANDO COA MÚSICA

Escrito por carolina_fene, o 11 de Febreiro do 2008 ás 20:03

NA GALESCOLA FENE TEMOS UN ARTISTA CHAMADO FERNÁNDO  QUE FIXO QUE TÓDALAS EDUCADORAS E CRIANZAS CANTARAN AO SEU SON.

PB150225.JPG

As crianzas decoraron coas  educadoras uns traxes con gomets e a clave de sol para participar na actuación.

      PB150222.JPG

Tamén fixemos instrumentos!

 PB150224.JPG 

  

AMARELO

Escrito por carolina_fene, o 11 de Febreiro do 2008 ás 19:16

 

 

 

 

AMARELO

 

 

 

 

 

 

 

Amarelo coma o maínzo, amarelo coma o sol, amarelo coma o marmelo amarelo coma o limón,…canto para  experimentar e aprender!

 

 

reforma 036.jpg

 

 

É un pouco difícil  debruzar no maínzo  pero que ben soa ao metelo na gabeta amarela.

 

reforma 046.jpg    SUN.gif     

 

—————————————————– 

Que ben saben os limóns do pais! 

 

galescola de fene 060.jpg

 PB060209.JPG        galescola de fene 068.jpg                       

  galescola de fene 073.jpg

 Despois de probar un anaco de limón decidimos que sería mellor tomalo en zume  botándolle un pouquiño de azucre.

20 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.

Escrito por carolina_fene, o 11 de Febreiro do 2008 ás 18:57

NA GALESCOLA FENE NON PODIAMOS DEIXAR PASAR UNHA DATA TAN SINALADA.
CANDO SE PODERÁN GARANTIR ESTES DEREITOS NAS CRIANZAS DE CALQUER PARTE DO MUNDO?
CANDO DEIXARÁN DE EXISTIR MENIÑAS E MENIÑOS UTILIZADOS COMA ESCRAVOS SEXUAIS E LABORAIS?
CANDO DESAPARECIRÁ CALQUER FORMA DE MALTRATO AOS SERES MÁIS INDEFENSOS?
CANDO MILLÓNS DE CRIANZAS NON TERÁN ESCRITO O SINO DE FAME E MORTE ANTES DE NACER?
                  …

 head01_simbolo.gif       VARIAS 055.jpg

As crianzas divírtense pintando para que tódolos adultos non nos esquezamos  de loitar e denunciar o incumprimento dos dereitos das nenas e nenos de todo o mundo.

VARIAS 061.jpg

Canto nos gusta pintar !
A mestra dixo que hai outras nenas e nenos  que non teñen pintura nin pinceis e hoxe pintamos por eles.

  VARIAS 062.jpg VARIAS 063.jpg     

VARIAS 069.jpg   VARIAS 073.jpg

                    VARIAS 077.jpg

 VARIAS 089.jpg

Un aplauso e unha foto para as autoras e os autores. 

VARIAS 090.jpg

VARIAS 093.jpg