20 NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS.
NA GALESCOLA FENE NON PODIAMOS DEIXAR PASAR UNHA DATA TAN SINALADA.
CANDO SE PODERÁN GARANTIR ESTES DEREITOS NAS CRIANZAS DE CALQUER PARTE DO MUNDO?
CANDO DEIXARÁN DE EXISTIR MENIÑAS E MENIÑOS UTILIZADOS COMA ESCRAVOS SEXUAIS E LABORAIS?
CANDO DESAPARECIRÁ CALQUER FORMA DE MALTRATO AOS SERES MÁIS INDEFENSOS?
CANDO MILLÓNS DE CRIANZAS NON TERÁN ESCRITO O SINO DE FAME E MORTE ANTES DE NACER?
…

As crianzas divírtense pintando para que tódolos adultos non nos esquezamos de loitar e denunciar o incumprimento dos dereitos das nenas e nenos de todo o mundo.

Canto nos gusta pintar !
A mestra dixo que hai outras nenas e nenos que non teñen pintura nin pinceis e hoxe pintamos por eles.



Un aplauso e unha foto para as autoras e os autores.
