OBRADOIROS: CONVERTÉMONOS EN…

CONVERTÉMONOS EN… COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS.
ISABEL E PATRICIA VISITAN A GALESCOLA (4 de marzo).

Chegaron as nais cargadiñas de froitas e outros doces para entre todas e todos elaborar e despois, tamén saborear a gran Copa Sande.
Pelamos  froitas agasallando o noso olfacto cos seus aromas; plátano, fresas, mazás,peras,….
Un pouco de xeado de vainilla e chocolate, xarope de fresa, unha nubiña de branca nata, doces fideos para decorar e ,como remate a suculenta proposta, un barquillo .

A COMER.jpg

Mirade que axiña demos conta dela  e aplaudimos agradecidas/os e satisfeitas/os.

COCIÑEIRAS.jpg

Bicos e apertas para Isabel ( nai de Sara) para Patricia (nai de Iris).
GRAZAS!!!!!!!!!!!!

Deixar un Comentario

Se o seu comentario non aparece despois de escribilo, estará na lista de aceptación mantida polo dono ou dona deste blog.