OBRADOIROS: CONVERTÉMONOS EN…
CONVERTÉMONOS EN… COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS.
ISABEL E PATRICIA VISITAN A GALESCOLA (4 de marzo).
Chegaron as nais cargadiñas de froitas e outros doces para entre todas e todos elaborar e despois, tamén saborear a gran Copa Sande.
Pelamos froitas agasallando o noso olfacto cos seus aromas; plátano, fresas, mazás,peras,….
Un pouco de xeado de vainilla e chocolate, xarope de fresa, unha nubiña de branca nata, doces fideos para decorar e ,como remate a suculenta proposta, un barquillo .

Mirade que axiña demos conta dela e aplaudimos agradecidas/os e satisfeitas/os.

Bicos e apertas para Isabel ( nai de Sara) para Patricia (nai de Iris).
GRAZAS!!!!!!!!!!!!