15 de Maio do “Día das familias”
Escrito por carolina_fene, o 12 de Maio do 2008 ás 17:35Co galo do festexo o vindeiro 15 de Maio do “Día das familias” incluímos na nosa programación diversas actividades educativas dirixidas ás crianzas e ás familias.
“PROGRAMACIÓN NA GALESCOLA FENE”
Martes 13 de Maio
(Santiago e Fernando)
18h “Os xogos populares na Galiza” Presentación a cargo do Mestre e escritor “Antón Cortizas” (Adultos).
18:45h-20h Tempo de xogos populares adaptados ás idades das nosas crianzas. As familias poden achegar ao centro algún xogo tradicional. (Familias e crianzas).
Libros e xoguetes tradicionais encheron o patio central. Grazas GONZALO -pai de Emma-, POLO, FÁTIMA,…!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




Cando facemos actividades polas tardes invitamos tamén as/os irmáns, das crianzas matriculadas no centro, convertendo os actos nun tempo de convivencia.
E mentras as familias escoitaban a Antón Cortizas….
Tempo de xogo.

Tempo de pintar.

Tempo da merenda.


Tempo de relaxación.

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA PANTALLA E O PROXECTOR QUE FIXERON POSÍBEL A PRESENTACIÓN DE ANTÓN CORTIZAS.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Xoves 15 de Maio
(Iria e Nuria)
18h Tocamos, sentimos,……..experimentamos! Obradoiro para Adultos cheo de cor no que as familias confeccionaredes un cadro. Materiais coma a plastilina , a pintura de dedos, papeis de texturas,….levaranvos a experimentar o que as vosas crianzas a cotío.(As crianzas poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).
GRAZAS Trini -nai de Yago-, María -nai de David, Verónica -nai de Iván-, Isabel -nai de Sara-, Ana Mª -nai de Noa Romero- e Mª Isabel -nai de Roi-.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Martes 20 de Maio
(Susana e Marián)
18h Proxección de vídeos e posterior debate.
“El sueño imposible” I,II. Vídeo coeducativo sobre o reparto de tarefas no fogar e a educación das crianzas. (Adultos).
“Los niños lo ven, los niños lo hacen” Repercusión dos actos dos maiores no comportamento das crianzas. (Adultos).
“Mamás y papás” Vídeo sobre os malos tratos. (Adultos).
(As crianzas poden vir a escola aínda que o obradoiro é para adultos).
———–de Xuño
(Emma e Charo)
17h Festa de convivencia.
Proxección de fotografías feitas ao longo do curso, actuacións , concurso de cociña e outras sorpresas (Familias e crianzas).
Un saúdo.
Carolina






