23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 0-1 anos.
0-1 anos
Marián e Susana argallaron para que nesta data tan sinalada unha avoa ou un avó viñeran á Galescola a contar un conto ás crianzas. Preguntando, preguntando, deron con Xoán García, avó de Mateo. E chegado o día, unha grande, moi, moi, grande sorpresa nos agardaba. Xoán non chegou cun conto calquera que contar, Xoán non quería que lle deixaramos un conto da escola para ler, Xoán traía, baixo o brazo, un conto feito por el, cheo de retalas e feitizo coma agasallo do día do libro.
Lede con atención e repetide todo o subliñado.
RATIÑO
Lonxe, moi lonxe,moi lonxe,
Cerca, moi cerca moi cerca,
Había un longo buraco
No que vivía RATIÑO.
RATIÑO con oito irmáns
E os seus queridos papás,
a familia Rataplás,
saían tomar o Sol
Polas tardes, un pouquiño.
RATIÑO non tiña pelo,
Pois era un rato noviño
e o sol quentáballe a pel
e poñíao mouriño.
Protexido cunha verza
Da horta do tío Farruco
Marabillado quedou
Cando oíu cantar ao cuco.
Cu-cú, cu-cú, cu-cú
“Entre marzo e abril,
sae o cuco do cubil”,
dixo súa nai Ratalinda.
Ao cuco – cuco - cunqueiro,
Cantareiro e saltarín.
Ao cuco – cuco - cunqueiro,
Voador e peregrín:
Cucando, saltando
Voando, eu o vín.
Cando o sol ía marchando
tras os montes de Ferrol,
dixo papá “Ratovello “:
Ala!, ratiños todos,
Que xa vai ser noite pecha,
Recollede os xoguetes.
Imos á casa.
E, un a un,
Foi chamando neles.
Ratiño……….Si papaiño.
Raticida……..Agora.
Ratibrón…….Aquí estou.
Ratchula…….Si.
Ratulón………Xa vou.
Rataforte…...Vai.
Ratulador……Son eu o do rabo de color
Ratoxoguetón…Oh!, pai…agarda un pouquiño que aínda hai unha pinga de día.
Veña metédevos dentro que anoitece, e de noite, todos os gatos son pardos e non os vemos, e eles a nós si, con eses ollos como luces que brilan e queiman.
Familia Rataplás, todas e todos dentro, dexeron os papás ao mesmo tempo.
Ducharse, cear, ver un pouquiño os Lunnis e a durmir, que mañá é día de escola.
Vale mamá. Vale papá…Biquiños…múa,múa.múa.
XOÁN GARCÍA
En Perlío Fene, a 23 de Abril /Día do libro 2008
Un feixe de bicos, para ti, Xoán!!!!!!!!
GRAZAS, moitísimas GRAZAS polo teu tempo e adicación.