23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 2-3 anos
Co galo do festexo do “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” incluímos na nosa programación diversas actividades.
2-3 ANOS
Unha Galescola sen contos e libros non sería unha Galescola pero, hai outros sitios onde atopar moitos libros?
Claro! Unha biblioteca, por exemplo.
DE VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO DE FENE

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí nos tedes para iniciar a viaxe!
Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí nos tedes para iniciar a viaxe!


Escoitando o conto da lúa de man de Nuria.


Na biblioteca tamén están os BOLECHAS coma na Galescola.

Percorremos a zona de adultos e quedamos abraiadas e abraiados dos grandes e pesados libros colocados nos estantes.

Decidimos agasallar a Sonia, a bibliotecaria, con debuxos, para que decorase un anaco da grande biblioteca, para que lembrase a nosa visita e, coma agradecemento a xornada alí vivida.
Antes de marchar cada crianza tiña nas mans un carné de de usuaria e un libro para levar a casa. Unha curiosidade, moitas crianzas escolleron libros que temos na Galescola.
No bus de regreso, os sorrisos e o adeus!
BICOS E GRAZAS SONIA!!!!!!!!
GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA VOSA COLABOURA.!!!!!!!!!!!!! BICOS