23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 2-3 anos

Co galo do festexo do “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a”  incluímos na nosa programación diversas actividades.

                               2-3 ANOS

Unha Galescola sen contos e libros non sería unha Galescola pero, hai outros sitios onde atopar moitos libros?
Claro! Unha biblioteca, por exemplo.
 

DE VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO DE FENE

Saímos.jpg

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

curioseando.jpg
Coñecemos libremente o espazo. Cantos libros!              

conto.jpg  o conto1.jpg

Escoitando o conto da lúa de man de Nuria.

a ler1.jpg
a ler2.jpg  a ler.jpg

Na biblioteca tamén están os BOLECHAS coma na Galescola.

coñecemos a zona de maiores.jpg

Percorremos a zona de adultos e quedamos abraiadas e abraiados dos grandes e pesados libros colocados nos estantes.

pintando.jpg   colocación.jpg

Decidimos agasallar a Sonia, a bibliotecaria, con debuxos, para que decorase un anaco da grande biblioteca,  para que lembrase a nosa visita e, coma agradecemento  a xornada alí vivida.

carnets libro.jpg 

Antes de marchar cada crianza tiña nas mans un carné de de usuaria e un libro para levar a casa. Unha curiosidade, moitas crianzas  escolleron libros que temos na Galescola.
Despedida1.jpg 

No bus de regreso, os sorrisos e o adeus!
BICOS E GRAZAS SONIA!!!!!!!!

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA VOSA COLABOURA.!!!!!!!!!!!!! BICOS

Deixar un Comentario

Se o seu comentario non aparece despois de escribilo, estará na lista de aceptación mantida polo dono ou dona deste blog.