Arquivo da categoría 'As miñas anotacións'

23 DE ABRIL “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a” 2-3 anos

Escrito por carolina_fene, o 12 de Maio do 2008 ás 15:21

Co galo do festexo do “Día Mundial do libro e dos dereitos da/o autor/a”  incluímos na nosa programación diversas actividades.

                               2-3 ANOS

Unha Galescola sen contos e libros non sería unha Galescola pero, hai outros sitios onde atopar moitos libros?
Claro! Unha biblioteca, por exemplo.
 

DE VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO DE FENE

Saímos.jpg

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

Chove, chove pero a ilusión non entende de inclemencias atmosféricas! Velaí  nos tedes para iniciar a viaxe! 

curioseando.jpg
Coñecemos libremente o espazo. Cantos libros!              

conto.jpg  o conto1.jpg

Escoitando o conto da lúa de man de Nuria.

a ler1.jpg
a ler2.jpg  a ler.jpg

Na biblioteca tamén están os BOLECHAS coma na Galescola.

coñecemos a zona de maiores.jpg

Percorremos a zona de adultos e quedamos abraiadas e abraiados dos grandes e pesados libros colocados nos estantes.

pintando.jpg   colocación.jpg

Decidimos agasallar a Sonia, a bibliotecaria, con debuxos, para que decorase un anaco da grande biblioteca,  para que lembrase a nosa visita e, coma agradecemento  a xornada alí vivida.

carnets libro.jpg 

Antes de marchar cada crianza tiña nas mans un carné de de usuaria e un libro para levar a casa. Unha curiosidade, moitas crianzas  escolleron libros que temos na Galescola.
Despedida1.jpg 

No bus de regreso, os sorrisos e o adeus!
BICOS E GRAZAS SONIA!!!!!!!!

GRAZAS CONCELLO DE FENE POLA VOSA COLABOURA.!!!!!!!!!!!!! BICOS

COEDUCACIÓN=IGUALDADE

Escrito por carolina_fene, o 23 de Abril do 2008 ás 13:25

COEDUCACIÓN=IGUALDADE 

As/os profesionais da educación sabemos da necesidade de traballar dende as idades máis temperás en coeducación e igualdade xa que, os estereotipos de xénero absórbense aínda antes de aprender a ler.

O Concello de Fene, atraveso da Concellería de Benestar e Igualdade agasallounos con tres sesións de contacontos na Galescola dentro do programa “Fene pola Igualdade”

                 1ª Sesión para Crianzas  8 Abril   11:30h 

P40807391.jpg
P40807361.jpg
        
          2ª Sesión para Crianzas e familias   16 Abril ás 18h
2ª.JPG
3ª.JPG

 

          3ª Sesión para Crianzas e familias 24 Abril ás 18h

4ª.JPG

5ª.JPG

GRAZAS A TODAS E A TODOS!!!!!!!!!!!!!!!!

 

A PRIMAVERA XA CHEGOU.

Escrito por carolina_fene, o 23 de Abril do 2008 ás 12:56

PRIMAVERA, PRIMAVERA

Todo volta e todo chega e así, paseniño, sen apenas decatarnos chegou chea de cores, aromas e matices a doce primavera.
Grazas a Antón, o xardineiro do Concello de Fene, temos un xardín matizado de flores de múltiples cores, formas e tamaños.

ESCOLA 249.jpg ESCOLA 250.jpg

Quixemos recibir ben a primavera  pero, tamén, despedir de forma divertida  o inverno. O frío, representado nuns grandes icebergs de xeo, e as fermosas cores da primavera, atraveso de froitas no seu interior, fixeron brotar moitos sorrisos.

    ESCOLA 241.jpg     ESCOLA 239.jpg

ESCOLA 243.jpg
P3140703.JPG   P3140700.JPG
P3140695.JPG

OBRADOIROS:CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 11 de Abril do 2008 ás 18:15

CONVERTÉMONOS EN………………..ELECTRICISTAS.

 

MARIO   VISITA A GALESCOLA   E ÁNGEL ACHEGA UN AGASALLO MOI ESPECIAL (6 de marzo).

 

Rematamos os obradoiros das familias e as  profesións coa temática da electricidade. As luces fascinan ás crianzas pero é de vital importancia aprendizaxes básicos relativos á seguranza e limitacións na manipulación.

              canto trebello.jpg

Mario e Ángel permitíronnos unha achega segura a trebellos da profesión.

 

         luces coche.jpg 

Pero, sen dúbida, a maior sorpresa foi cando ollamos o agasallo de Ángel.

         semáforo.jpg 

 

Unha caixiña chea de interruptores no que poder prender as luces dos coches e, tamén, o vermello, amarelo e verde dun semáforo que regula o tránsito.

        manipulando.jpg

Bicos e apertas para Mario,  pai de Bruno, e para Ángel, pai de Iván.   GRAZAS!!!!!!!.

OBRADOIROS: CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 28 de Marzo do 2008 ás 18:01

CONVERTÉMONOS EN… ENFERMEIRAS E ENFERMEIROS.  TRINI, ISA E Mª ÁNGELES VISITAN A GALESCOLA (5 de marzo).

Cantas cousas aprendemos! Ollade cantos recursos e experiencias nos achegaron neste interesantísimo obradoiro co que dixemos adeus a moitos medos.

MATERIAL.JPG

Uñas dos pes?… A cortar sen problema.

BONECA UÑAS.JPG   CORTE UÑAS PES.JPG

Escoitando o rítmico corazón.

CORAZÓN.JPG

Termómetro, onde podemos poñelo?

TERMOMETRO.JPG

Fixemos vendaxes e deixamos que nos vendaran despois de facer as curas.

VENDA.JPG     VENDA1.JPG

PUFF CABEZA.JPG

Aproveitamos a ocasión para curar a esas bonecas e bonecos que tiñamos un pouco maliños na aula.

COIDADOS.JPG

Coma  recordo do obradoiro marcamos os pes para levar a casa e amosarllos ás nosas nais e pais.

  pes3.JPG         PES.JPG

 Bicos e apertas a Trini( (nai de Yago) a Isa (nai de Noa Garrote) e a Mª Ángeles (nai de Jorge)
GRAZAS!!!!!!!!!!!!

OBRADOIROS: CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 28 de Marzo do 2008 ás 17:23

CONVERTÉMONOS EN… COCIÑEIRAS E COCIÑEIROS.
ISABEL E PATRICIA VISITAN A GALESCOLA (4 de marzo).

Chegaron as nais cargadiñas de froitas e outros doces para entre todas e todos elaborar e despois, tamén saborear a gran Copa Sande.
Pelamos  froitas agasallando o noso olfacto cos seus aromas; plátano, fresas, mazás,peras,….
Un pouco de xeado de vainilla e chocolate, xarope de fresa, unha nubiña de branca nata, doces fideos para decorar e ,como remate a suculenta proposta, un barquillo .

A COMER.jpg

Mirade que axiña demos conta dela  e aplaudimos agradecidas/os e satisfeitas/os.

COCIÑEIRAS.jpg

Bicos e apertas para Isabel ( nai de Sara) para Patricia (nai de Iris).
GRAZAS!!!!!!!!!!!!

OBRADOIROS:CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 7 de Marzo do 2008 ás 16:41

CONVERTÉMONOS EN… XARDINEIRAS E XARDINEIROS.
SANDRA VISITA A GALESCOLA (3 de marzo).

Temos días con tanto sol que nos enchemos de ledicia coma se fose primavera. Qué bonita é a primavera, agardámoste!

FRORES XERAL.jpg

Sandra, que é a madriña de Roi, chegou á Galescola cargada de flores e non podían ser outras que  multicores primaveras.

TERRA E FRORES.jpg

Imos plantar!

NOA REGA.jpg  CARACOL.jpg

Un pequeno caracol chegou agochadiño nas flores.

ROI REGA.jpg

Auga fresca para que medren moito.

FLUS.jpg

Ollade, entre as crianzas e as flores, que bonita foto de  despedida.

FIN.jpg

Bicos e apertas para Sandra.

PLANTANDO SEMENTES.

1-3 anos.

As crianzas trouxeron das casas pequenos botes, macetas e outros recipientes que as crianzas decoraron antes de plantar.

1-3ADRI.jpg  1-3XABI.jpg

 

brais junior.jpg

icía.jpg

1-2 anos.

Que pequenas son as lentellas, as fabas,…escorregan das mans!

1-21.jpg

1-2a (1).jpg 1-2a.jpg

Polas tardes tamén facemos as actividades!

tarde (1).JPG

tarde.JPG


OBRADOIROS:CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 7 de Marzo do 2008 ás 15:14

CONVERTÉMONOS EN… CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS.
SERGIO VISITA A GALESCOLA (29 febreiro).

Chegou cargadiño e cunha caixa con rodas chea de ferramentas, o pai de Noa Romero. Traía o sorriso na faciana sabedor da sorpresa que tiña preparada para as crianzas.

Amosounos ferramentas; o taladro, o martelo,…..

ollando1.jpg

ollando utensilios.jpg

Taladro ;-( ¿? ….Moitas crianzas manifestaran, con anterioridade, o seu medo ao forte son diste trebello. Dende a visita de Sergio xogan a facer  tremer as fazulas imitando tan reverberante son.

taladro.jpg
Mirade, mirade que moble tan xeitosiño fixo para a Galescola! 

 

últimos retoques.jpg  MOBLE.jpg

Foto tralo traballo feito.

             foto final.jpg            

Bicos e apertas para Sergio.

 

bicos sergio.jpg  bicos sergio (1).jpg

OBRADOIROS:CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 6 de Marzo do 2008 ás 19:46

CONVERTÉMONOS EN… PANADEIRAS E PANADEIROS.
MARCOS VISITA A GALESCOLA (28 de febreiro).

Agardando ben xeitosas e xeitosos con gorros e mandís.

AGARDANDO.jpg

Cantas texturas; a fariña, a masa e ese irresistíbel  olor .

IRIA.jpg MAIS PEQUENOS.jpg

Amasando coma profesionais da cociña.

AMASANDO.jpg  XERAL.jpg

Mirade, mirade cantos boliños!

BOLIÑOS.jpg

Adeus á cociña.

ADEUS.jpg

De volta do forno rico,rico.

CHEGOU O PAN.jpg  RICO RICO.jpg

Bicos e apertas para Marcos o pai de Noa Garrote.!!!!

MOITAS GRAZAS  PAN PERLÍO.!!!!

OBRADOIROS: CONVERTÉMONOS EN…

Escrito por carolina_fene, o 6 de Marzo do 2008 ás 18:33

Traballando as profesións coas familias.
CONVERTÉMONOS EN PERRUQUEIRAS E PERRUQUEIROS.

 

VISITA Á PERRUQUERÍA DE JULIA (27 de febreiro).

 

 

Ollade con que ledicia, orde e expectación saímos cara a perruquería.

saíndo.jpg

 

Subimos e baixamos pontes.

 

 camiño a perruquería1.jpg

Cruzamos, como non, polo paso de peóns.

 

 

PEÓNS.jpg

 

Acompañounos Protección Civil todo o camiño. Grazas!

No camiño (1).jpg

Julia, a nai de Lucía, ensinounos todo o necesario para poñer guapa a Nuria.

 

Lavamos o pelo con auga morniña.

 

cabeza.jpg

Gustounos moito usar o secador! Que estilazo!

corte.jpg

Peites, tixeiras,…cantas cousas!

 

peites.jpg

Crianzas e educadoras de recordo cunha uña pintada de morado.

UÑA.jpg

 

Bicos e Apertas a Julia!!!!!!!!!!! 

GRAZAS!!!!!!!!!! 

BICOS1.jpg  BICOS.jpg