“ A única alternativa á guerra é a paz, e o único
camiño para a paz é a negociación”
GOLDA MEIR.
Política israelí.
A Galescola Fene festexou o día da Paz colocando un muro simbólico á entrada do centro. Muro que se derruba coas pombiñas decoradas das crianzas e coas verbas de nais, pais, avós, avoas e toda a gran familia que é esta comunidade educativa.
Respecto, comprensión, amor, solidariedade, empatía, en sinxelas frases e poemas, pequenos retalos de sentimento nados en colectividade por e para o mundo.
Un bico e unha aperta

Irmáu
Camiñan ao meu rente moitos homes,
no nos coñezo. Sonme estranos.
Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras
por enriba de muros e valados,
si os nosos sonos son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
Celso Emilio Ferreiro
(do libro “Longa noite de Pedra”)

”Non hai camiños para a Paz, a Paz é o camiño”
“A violencia é o medo ós ideais dos demais”
“O que se obtén con violencia, só se pode manter con violencia”
“Non deixes que morra o sol sin que morran os teus rencores”
“Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego”
Mahatma Gandhi
