FEIRA MEDIEVAL EN SANTA MARÍA DA FEIRA

Escrito por catuxa_boiro, o 11 de Agosto do 2008 ás 13:33

Despois de estar cos meus pequechos na galescola 15 días agora tocan outros 15 de folisia asghalla, como din os asturiasnos, e comezamos por Portugal, como non, a nosa segunda casiña, estivemos na feira medieval de Santa María da Feira, eu que cría que a feira medieval de Noia estaba ben, que tal fai a ignorancia, vola recomendo a todos aqui si que a teñen ben montada.

E logo deste viaxeciño a Porto e deste teclado que me está a tolear (non hai ñ), imos camiño de Asturias, primeira parada Oviedo e logo a comarca dos Oscos xa vos ensinarei as fotos.

ata logo……

Slide11.JPG

 

VACACIÓNS EN OPORTO

Escrito por catuxa_boiro, o 27 de Xullo do 2008 ás 01:59

A crise chegou a todos os petos polo que este ano decidimos plantarnos como cebolas na casa de Mariña e Eric en Oporto, gozamos o máximo destas vacacións, agora toca voltar o traballo pero non por moito tempo despois esperan por nós outros quince días para seguir de esmorga, que como se pode ver é o noso… xa vos irei contando que ímos facer o resto das vacación, polo de pronto o vindeiro luns 28 ir a ver como van os meus cativos, a ver se me botaron de menos ou non, eu a eles xa teño ganas de velos.

 Slide1.JPG

 

 

 

E agora ós Madriles

Escrito por catuxa_boiro, o 7 de Xullo do 2008 ás 10:21

Diapositiva16.JPG

Este fin de semana fomos ós Madriles, concretamente a Campo Real, terra de aceitunas e trouxemos unhas pouquiñas para degustar na galescola.

 

Zamora e Brangança

Escrito por catuxa_boiro, o 18 de Xuño do 2008 ás 22:06

Este fin de semana tamén tocou troula, xa está ben, menos mal que galescolas tenme ocupado os dous seguintes senón non atopo parada, dous para pensar que vou facer o terceiro, e creo que xa o teño mais ou menos claro, o que si sei e que na casa non quedo. 

Diapositiva15.JPG

MINI VACACIÓNS

Escrito por catuxa_boiro, o 4 de Xuño do 2008 ás 11:42

Diapositiva14.JPG

Teatro de cor

Escrito por catuxa_boiro, o 22 de Maio do 2008 ás 23:23
Diapositiva13.JPG
Hoxe fixemos unha adaptación do teatro negro de Praga aos nosos cativos, o transcurso da obra foi un éxito absoluto os nenos  e nenas quedaron realmente entusiasmados co noso teatro, quizais porque nunca viran algo semellante, ou polo feito de que o despedir luz os propios personaxes chamaban moito a atención. Foi unha boa experiencia tanto para nós que vimos o teatro dende o outro lado do telón como para eles que gozaron arreo co espectáculo. Repetirémolo 

Temos que desconectar un pouquiño

Escrito por catuxa_boiro, o 30 de Abril do 2008 ás 19:01

Diapositiva12.JPG

OS MEUS PUPILOS

Escrito por catuxa_boiro, o 25 de Abril do 2008 ás 08:31

Hoxe preséntovos ao meu alumnado, sempre tan ledo e con ganas de pasalo ben, sexa cando sexa, Nadal, Entroido, eles sempre están dispostos ás risotadas

Diapositiva11.JPG

BENVIDOS O MEU ESPAZO

Escrito por catuxa_boiro, o 10 de Abril do 2008 ás 20:20

Ola a todos, hoxe estreno o meu blog aínda non teño claro cal vai ser a súa utilidade pero polo de pronto o que vou facer e presentarme un pouquiño para quen navegue por aquí me vaia coñecendo.

Diapositiva1.JPG

Chámome Catuxa e traballo na Galescola de Boiro, levamos alí dende Xullo, este é o noso primeiro ano polo que temos moito camiño por percorrer e moitas anécdotas que contar…. Son tutora xunto ca miña compañeira Katy do aula de  vaca.jpg (muuuuu…) que son os pequerrechos do curso 1-2 aniños, pero xa somos uns campións…..