Arquivo de Febreiro, 2008

ECLIPSE LUNAR

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 26 de Febreiro do 2008 ás 09:54

A madrugada do mércores 20 de febreiro entre as 4:00 e 5:00 horas tivo lugar un eclipse total de Lúa visible en toda Galicia. 

Un eclipse de Lúa ocorre cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural. Podemos distinguir tres etapas: penumbral, parcial e total. Ao longo das mesmas, a Lúa cambia a súa apariencia e a súa totalidade vólvese avermellada. 

Dende a escola intentamos traballar o eclipse, realizando unha serie de actividades:

  • Na asemblea falamos sobre o Sol e a Lúa, o día e a noite e o eclipse lunar.
  • Lemos o conto “Papá, por favor, achégame a Lúa”.
  • Representamos un eclipse lunar. Fíxose de noite na aula, saiu a Lúa e volveuse vermella.
  • Buscamos a noticia no xornal.
  • Pintamos unha Lúa de dobre cara (branca e vermella) con material de refugallo.

IMG_4639.JPG     IMG_4640.JPG    IMG_4641.JPG

Como podedes imaxinar a representación do eclipse foi a actividade estrela. A cara de asombro de todos/as os/as presentes compensa con creces todos os esforzos!

Xa son maior!!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 15 de Febreiro do 2008 ás 15:40

Izan, o neno máis maior da nosa Galescola, xa non leva cueiro! Grazas a estupenda colaboración da familia o proceso foi todo un éxito. Estamos moi animadas para seguir traballando neste sentido cos/coas outros/as nenos e nenas. Parabéns Izan!

                                     fotos adrian 111.jpg

Marcos xa non ten chupete!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 14 de Febreiro do 2008 ás 15:32

                                     FOTOS 2 027.jpg

              Parabéns Marcos, xa eres un neno moi maior!!