SESIÓN 7: EXPERIMENTAMOS COAS NOSAS MANS

Esta actividade estivo encaminada a que os nenos e nenas de 0-2 gozaran todo o posible tocando e manipulando diferentes materiais/productos ao tempo que, inconscientemente, aprendían moitas cousas (textura, cor, peso, …). Os materiais seleccionados foron fariña, area e “polispán” que depositamos en tres gavetas.

 IMG_0129.JPG      IMG_0139.JPG      IMG_0135.JPG

A continuación, as educadoras agochamos varios obxectos non moi grandes para que as crianzas os atopasen remexendo. A verdade é que lles gustou moitísimo e repetían continuamente: “Outra vez, outra vez”.

IMG_0138.JPG      IMG_0133.JPG      IMG_0140.JPG

Un Comentario en “SESIÓN 7: EXPERIMENTAMOS COAS NOSAS MANS”

  1. EQUIPO EDUCATIVO PONTECESO Dixo:

    xenial encántannos as actividades de experimentación libre y penso que ás nenas e ós nenos tamén, esas mesas coas cubetas de plástico davos moito xogo; saúdiños dende Ponteceso.

Deixar un Comentario

Se o seu comentario non aparece despois de escribilo, estará na lista de aceptación mantida polo dono ou dona deste blog.