SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA
Do 5 ao 9 de maio, estivemos a celebrar a Semana da Educación Viaria. Fixemos diversas actividades que culminaron o venres cunha visita moi esperada. Ollade!.
Como motivación contamos o conto: “Os bolechas queren saber como é a policía local”.
Confeccionamos sinais de tráfico con material de refugallo e aprendemos o seu significado na asemblea.
Visionamos no ordenador vídeos educativos sobre seguridade vial.
Contamos coa colaboración de varias familias que nos achegaron á clase diferentes materiais relacionados co tema: unha alfombra cun deseño dunha cidade con estradas, sinais, pasos de peóns, semáforos, institucións públicas,…; pequenas réplicas plásticas de sinais de tráfico; coches e motos de policía; e outros coches variados.
Como colofón desta semana tan instrutiva tivemos unha visita moi especial: A POLICÍA LOCAL.
Dende aquí queremos aproveitar para agraceder a pais e nais e, en especial, á policía local de Baiona a súa colaboración. Moitas grazas a todos!!.
28 de Maio do 2008 ás 21:51
Grazas por achegarnos as actividades desenvolvidas na semana da educación viaria. Nós, na Galescola de Boiro, estamos estudando os transportes e tamén temos planificadas actividades semellantes: agardamos impacientes a visita programada dende hai tempo dos bombeiros. A ver se mellora o tempo para que nos poidan visitar.
Unha aperta