Arquivo da categoría 'Experiencias'

A caixa dos botes

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 15 de Marzo do 2008 ás 09:31

Ás veces non fai falta ter moitos xoguetes para que os/as nenos/as se divirtan e aprendan, ademais de descubrir unha morea de cousas novas. Aquí na galescola témolo claro, e como tamén queremos que aprendan a utilizar os materiais de refugallo, fixemos unha caixa onde imos gardando todos os botes que atopamos pola casa ou na escola: botes grandes, con tapa, con rosca,…            

                         xogando con botes (8).JPG

DESCUBRINDO O NOSO CORPO II

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 13 de Marzo do 2008 ás 15:55

 A boneca

Seguimos xogando e aprendendo co noso corpo. E ademais a nosa boneca xa ten nome. Chámase Maruxa e xa é unha compañeira máis de xogos: 

                                  DSCF5759.JPG

  Entre todos/as estámola deixando moi guapa!

  A CARA (41).JPG       DSCF5776.JPG         MARUXA.JPG

  A boca               O nariz e as pestanas     Os zapatos

Cremos que a actividade non remata aquí. Maruxa vainos servir de eixo motivador doutras experiencias máis. A nosa proposta é que sexa outra “escusa” para levar a escola á casa, ou que a casa veña á escola. A idea é que cada neno/a a leve unha fin de semana e que logo, a través da axenda diaria, ou eles/as mesmos/as, nos conten que fixeron con Maruxa (se a levaron ao parque, se durmiron con ela, se a peitearon,…). Que vos parece?

Os títeres

O conto de Carapuchiña vermella é ideal para traballar as partes da cara, ademais de ser un clásico de moita acollida entre os/as máis cativos/as, sobretodo, se o contamos cun monicreque. A capacidade de atención foi exemplar!

                                    CAPARUCHIÑA VERMELLA (3).JPG

A cara

Este “panel da cara” é unha ferramenta moi sinxela de facer e sérvenos como recurso para traballar durante todo o curso. As caras que fixeron os/as nenos/as foron moi graciosas: ollos tortos, bocas na fronte,… Temos que seguir traballando pero estamos no bo camiño.

  A CARA (22).JPG                      A CARA (28).JPG

As fotos

Ter as fotos pola aula provoca moita curiosidade aos/ás nenos/as.

                                 FOTOS NO CHAN (2).JPG  

                                               Quen é este/a?

A silueta  

Logo de facer a silueta, traballamos con diferentes materiais e técnicas para completar o debuxo do noso corpo. A verdade é que traballamos moito.

                                     DSCF5767.JPG

O traballo está sendo moi productivo e observamos os progresos que van facendo os/as nenos/as. Dende que comezamos a actividade observamos situacións na aula que nos provocan o sorriso e nos confirman que as aprendizaxes estanse interiorizando. Por exemplo, é moi habitual velos/as tocándose os ollos entre eles/as ou cando están xogando cos peluches nomear e tocar as partes de corpo.

DESCUBRINDO O NOSO CORPO

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 4 de Marzo do 2008 ás 15:49

Para traballar o esquema corporal cos máis cativos/as pedimos a colaboración das familias (que está a ser moi positiva). Trouxeron da casa fotos dos/as nenos/as actuais e de cando eran máis cativos/as coa idea de colocalas pola aula e co obxectivo de facilitar o recoñecemento dun mesmo. Acompañamos estas actividades con cancións referentes ao esquema corporal (”O xogo chirimbolo”, ” Xoán pequeno”, ” Nesta cara redondiña”, “As mans”, “A cara que teño eu”…)

MIRÁMONOS NO ESPELLO

DSCF5346.JPG           DSCF5515.JPG             

A SILUETA

Despois de xogar no espello e de colocar as partes da cara, tocoulle o turno á silueta. Primeiro, unha mestra, para que os/as nenos/as a visen e non reixeitasen a actividade cando lles tocara a eles/as. A verdade é que aceptáronno moi ben para a súa corta idade.

DSCF5531.JPG     P2280369.JPG     DSCF5540.JPG

A silueta de Patri         A silueta de Sergio      Decorando a silueta

A BONECA

Entre todos/as imos facer unha boneca para que sexa a nosa nova compañeira de xogos. Ummm…, pero a esta boneca fáltalle algo! Que será? Cada neno/a lévaa para a súa casa e coa axuda dos seus pais e nais deberán rematala.

 DSCF5496.JPG                 DSCF5504.JPG

Enchendo o corpo                           Enchendo as mans

Esta idea xurde pola necesidade de implicar ás familias e para que eles, dende a casa, lle dean continuidade ao traballo da escola. Dende aquí damos as grazas a todos os pais e nais pola súa colaboración e polo grado de implicación que estan a mostrar co noso traballo. Para mostra un botón:

DSCF5527.JPG       P2280403.JPG     P2290419.JPG

O pelo de Xiana                A roupa de Candela         Os ollos de Noa

Experiencias

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 4 de Marzo do 2008 ás 15:09
O libro viaxeiro 

 

É unha proposta que  xurde coa idea de  involucrar ás familias na tarefa educativa dándolle continuidade ao traballo realizado na aula. O nome do noso primeiro Libro viaxeiro é: “Porque me chamo así?”

DSCF5521.JPG         DSCF5523.JPG 

A primeira casa que visita é a dunha mestra, Isabel, que pon o listón moi alto. Na asemblea contóuselles aos/ás nenos/as que o libro viaxaría por todas as casas e que cada familia tería que contarnos porque elixiron ese nome para eles/as.

A actividade realízase sempre que chega o libro viaxeiro da casa dalgún/dalgunha neno/a. Este/a deberá contarnos con quen o fixo, cando e como, se o pasou ben,…

Estamos nos comezos pero a proposta tivo moi boa acollida entre ás familias e tomaron a iniciativa con moito interese.

Traballando o trazo  

A través das sensacións táctiles pretendemos que os/as nenos/as comecen a desenvolver libremente diferentes trazos

trazo 092.jpg  trazo 090.jpg  trazo 093.jpg     

Xogando coa auga

Nesta divertida experiencia, o máis decidido foi Xoán, que xogou sen parar baleirando todos os recipientes.

FOTOS 2 050.jpg

Resgado de papel

Unha das primeiras actividades de psicomotricidade fina que fixemos resultou moi satisfactoria, tanto pola capacidade dos nenos e nenas en resgar o papel como polo moito que disfrutaron co xogo proposto.

FOTOS 2 036.jpg