Arquivo da categoría 'Novas'

FESTA FIN DE CURSO

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 27 de Xuño do 2008 ás 08:16

O pasado domingo 22 de xuño, celebrouse en Santiago a primeira festa fin de curso das Galescolas. Alguhas familias da nosa Galescola non se quixeron perder tal acontecemento e disfrutaron coas súas crianzas deste día festivo. Pos suposto, as/os nenas/os foron os/as que máis disfrutaron da variedade de actividades e obradoiros que se ofertaron. Mirade:

I festa galescola 08 (3)1.jpg I festa galescola 08 (70).jpg

I festa galescola 08 (62).jpg I festa galescola 08 (29).jpg

I festa galescola 08 (23).jpg I festa galescola 08 (34).jpg

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 27 de Maio do 2008 ás 08:42

Como xa sabedes, o 17 de maio é o Día das Letras Galegas, unha festa que se celebra dende hai 45 anos e que foi establecida pola Real Academia Galega. 

No Día das Letras Galegas homenaxéase a un escritor ou escritora que escribise en idioma galego ou que defendese a nosa cultura e a nosa lingua. 

Este ano, polo seu labor en defensa da lingua e da cultura galegas ao longo da súa vida, o día das Letras dedícase a Xose María Álvarez Blázquez. 

Con motivo da devandita celebración realizamos unha serie de actividades para que os/as nenos/as coñecesen o significado deste día ademais de valorar a traxectoria e obra do autor. 

Elaboramos o conto de Colorín, a filla de Xose María, que nos relata a vida e obra do autor:

IMG_00081.JPG  IMG_0021.JPG

Coñecemos e tocamos instrumentos típicos da cultura galega: a gaita, as cunchas, o bombo, o tambor, a pandeireta,…:

IMG_00311.JPG IMG_00592.JPG IMG_00461.JPG

Os/as máis pequenos/as tamén se animaron e non se lles daba nada mal:

IMG_0114.JPG  IMG_0109.JPG

Coñecemos as partes do traxe tradicional galego e manipulamos os seus tecidos:

IMG_0128.JPG  IMG_0155.JPG

Noa, da aula de 0-2, veu vestida de casa co seu traxe de galega:

IMG_0171.JPG  IMG_0219.JPG

Trouxemos da casa novas publicadas na prensa sobre Xose María e o Días das Letras Galegas e as comentamos na asemblea:

IMG_0077.JPG  IMG_0068.JPG

Tivemos a visita dun gaiteiro quen nos tocou diversos instrumentos e nos contou unha pequena historia sobre a cultura galega:

IMG_0218.JPG IMG_0164.JPG IMG_0207.JPG

Ao final, todos/as xuntos/as bailamos unha muñeira. Mirade como disfrutamos:

IMG_0231.JPG  IMG_0223.JPG

SEMANA DA EDUCACIÓN VIARIA

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 20 de Maio do 2008 ás 09:09

Do 5 ao 9 de maio, estivemos a celebrar a Semana da Educación Viaria. Fixemos diversas actividades que culminaron o venres cunha visita moi esperada. Ollade!.

 

8 DE MAIO (6).JPG  8 DE MAIO (9).JPG

Como motivación contamos o conto: “Os bolechas queren saber como é a policía local”.

8 DE MAIO (7).JPG  8 DE MAIO.JPG  APRENDENDO QUE SIGNIFICAN, 8 DE MAIO (17).JPG

 

 

Confeccionamos sinais de tráfico con material de refugallo e aprendemos o seu significado na asemblea.

7 DE MAIO (3).JPG  7 DE MAIO (2).JPG

Visionamos no ordenador vídeos educativos sobre seguridade vial. 

8 DE MAIO (15).JPG  8 DE MAIO (14).JPG  8 DE MAIO (21).JPG

Contamos coa colaboración de varias familias que nos achegaron á clase diferentes materiais relacionados co tema: unha alfombra cun deseño dunha cidade con estradas, sinais, pasos de peóns, semáforos, institucións públicas,…; pequenas réplicas plásticas de sinais de tráfico; coches e motos de policía; e outros coches variados. 

IMG_0046.JPG  IMG_0075.JPG  IMG_0079.JPG

Como colofón desta semana tan instrutiva tivemos unha visita moi especial: A POLICÍA LOCAL. 

Dende aquí queremos aproveitar para agraceder a pais e nais e, en especial, á policía local de Baiona a súa colaboración. Moitas grazas a todos!!.

 

OS CASTROS

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 14 de Abril do 2008 ás 09:21

Un dos eixos fundamentais da práctica educativa na educación infantil é partir do contorno máis cotiá e próximo do/a neno/a. Por iso na nosa programación temos recollidos temas como os castros, os curros e os faros por formar parte da tradición e patrimonio cultural do concello de Oia.

Nesta última semana os nenos e nenas acaban de descubrir os castros, as casiñas de pedra e palla onde viviron os nosos antepasados os celtas. Con anterioridade estivemos un tempo traballando as estancias propias das súas casas facendo unha pequena “réplica” das mesmas (recortando obxectos, mobles,…. de revistas e pegándoas na parte da casa correspondente).

as partes da casa (2).JPG IMG_4941.JPG  

Varias foron as actividades que levamos a cabo en relación aos castros, entre elas destacamos:

  • Lectura comparativa de imaxes: as nosas casas e as dos celtas:

presentación de imaxes (1).JPG

  • Relato do conto “Os Bolechas queren saber que é un castro celta” e posterior diálogo:

lendo o conto dos castros (4).JPG

  • Observación, manipulación e diálogo sobre fotos de castros: 

 visionado de fotos.JPG   visionado de fotos (6).JPG

  • Construcción dun castro celta entre todos onde aproveitamos para traballar os materiais de que están feitos, as texturas, as cores e as formas:

facendo o castro.JPG facendo o castro (4).JPG mostrando o castro (3).JPG

  • Elaboración dun castro de xeito individual: co seu tellado de palla e as paredes de pedra (area con cola)

  facendo un castro para casa (12).JPG  Facendo o tellado do castro con palla (6).JPG

As crianzas quedaron entusiasmadas con todo o que aprenderon e co traballo feito. Ademais houbo familias que se implicaron moitísimo e levaron aos/ás seus/súas fillos/as aos “asentamentos castrexos” situados en Oia ou no concello colindante de A Guarda. Aquí podemos observar a un deles relatándonos a súa experiencia:

visionado de fotos (7).JPG

Esta mesma semana, e seguindo a mesma liña metodolóxica comezamos a traballar os cabalos e os curros; xa vos contaremos proximamente como foi a experiencia.

DISFRUTANDO DO ENTROIDO NA COMARCA

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 24 de Xaneiro do 2008 ás 11:35

O domingo 27 de xaneiro terá lugar na Praza do Seixo en Tomiño a Festa da Filloa e Orella como anticipo do Entroido. Os prezos dos productos serán populares é haberá música e xogos para os máis cativos e cativas.

Tamén en Tui, celebrarase un Desfile-Concurso o martes de Entroido, a partir das 18.00h. O prazo de inscrición para participar está aberto ata o venres 25 de xaneiro, no Departamento de Cultura ou no Rexistro de Entrada do Concello. Establécese a participación dun máximo de vinte comparsas, por orde de inscrición, coa salvidade de que nunca unha comparsa de Tui quedaría fóra do desfile.

Neste concurso poderán participar comparsas integradas por un mínimo de vintecinco persoas disfrazadas, que poderán ir acompañadas de carroza, cun máximo de catro metros de altura, e de acompañamento musical, xulgándose nesta categoría que a música sexa en directo realizada con instrumentos musicais.Animádesvos?

BO NADAL!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 21 de Decembro do 2007 ás 09:20

Dende a Galescola de Oia desexámosvos unhas moi felices festas e que o Ano Novo manteña a nosa ilusión e ánimo para seguir tecendo a rede.

Premede aquí:

http://www.elfyourself.com/?id=1595297381

NADAL MÁXICO 2007

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 14 de Decembro do 2007 ás 16:26

Un total de 23 magos e 50 concellos de toda Galicia configuran o cartel do II circuíto galego da maxia “Nadal Máxico 2007″.

Trala positiva acollida do ano anterior amplíase o número de concellos participantes coa idea de dar a coñecer a todos os públicos o traballo que realizan os magos galegos.

Para saber máis: http://www.magosgalegos.com/nadalmaxico/

Elexide ben o voso regalo!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 10 de Decembro do 2007 ás 12:57

                     xoguete.jpg

 A menos dun mes da chegada das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e na necesidade de elexir o mellor xoguete para os/as nosos/as cativos/as é preciso recordar que nas mans dun/dunha neno/a calquera obxecto pode converterse en material de xogo, acompañando e estimulando a actividade lúdica coa mesma intensidade e valor que o xoguete comercializado.

A Academia Norteamericana de Pediatría suxire os seguintes xoguetes para idades específicas:

- Recén nacidos/as ata 1 ano de idade:  Xoguetes que chamen a atención do/a neno/a por ser interesantes á vista, oído e tacto.

- Nenos/as de 1 a 2 anos: Nesta idade, os/as nenos/as son moi curiosos/as e non teñen sentido do perigo. É importante supervisalos. Os mellores xoguetes para esta idade inclúen libros de tea ou plástico con ilustracións grandes, xoguetes con pezas que se unen e xoguetes de formas diferentes.

- Nenos/as de 2 a 5 anos: Os/as nenos/as a esta idade empezan a desenvolver habilidades como montar en triciclo, mellor control dos dedos e a habilidade para construír con bloques grandes. Unha boa opción é regalarlles materiais non tóxicos para debuxo ou artes manuais, libros, instrumentos musicais e xogos de uso ao aire libre .

- Nenos/as de 5 a 9 anos: Os xoguetes para estas idades deben axudar aos/ás nenos/as a fomentar o desenvolvemento de habilidades e da creatividade. Os xoguetes apropiados inclúen cordas para saltar, patíns, trens eléctricos, marionetas de man e equipo deportivo.

- Nenos/as de 10 a 14 anos: Nesta idade, os/as nenos/as gozan os deportes e xogos en equipo que requiren do desenvolvemento de destreza. As actividades físicas vigorosas tamén son populares a estas idades. Os/as nenos/as empezan a desenvolver pasatempos e un forte interese en actividades científicas. Son apropiados as computadoras, microscopios, xogos de mesa e equipo para deportes ao aire libre.

O Instituto Galego de Consumo tamén nos fai  as seguintes RECOMENDACIÓNS:

- Observar se é axeitado para a idade dos/as nenos/as.
- Comprobar que leva a marca CE, que indica que o xoguete é seguro .
- Comprobar a etiqueta e ler as instrucións, con especial atención ás advertencias de riscos e indicacións de seguridade.
- Conservar as instrucións, a garantía e os tickets de compra.

Debemos EVITAR:
- Influenciarse pola publicidade e polo aspecto da caixa.
- Xoguetes violentos e sexistas.
- Xoguetes sen etiquetas ou instrucións en galego ou castelán.
- Riscos dos elementos da embalaxe: grampas, bolsas de plástico,…

Tamén é IMPORTANTE:
- Vixiar o xogo dos/as nenos/as e asegurarse de que adoptan conductas seguras.
- Tomar o tempo necesario para aprenderlles o uso correcto dos xoguetes.
- Comprobar os xoguetes con regularidade e desfacerse deles cando rompan.

Para saber máis: http://www.jugueteseguro.com/web/cas/index.asp

Teatro de monicreques en Goián

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 6 de Decembro do 2007 ás 09:48
O  próximo  domingo  16  de  decembro  ás  18:00  horas  no  Auditorio  de  Goián  a compañía de títeres Tanxarina presentará  “Sombreiros sen chapeu”.      
 
Unha obra creada coa técnica de sombras chinesas onde a silueta negra é a protagonista. A través de oito pequenos relatos contan historias para o divertimento e contemplación dos espectadores.       

A obra vai dirixida a un público familiar e recomendada para nenos maiores de seis anos.

CELEBRANDO O NADAL

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 20 de Novembro do 2007 ás 09:42

Con motivo da chegada do Nadal, os Concellos da zona comezan a ofertar diversas actividades para nenos/as e adultos que servirán de entretemento e diversión: 

A Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal pon en marcha o programa “Divírtete no Nadal”. 

A programación, que se desenrolará nos cascos urbáns de Goián e Tomiño, consta de dúas partes: unha pensada para as familias, con exhibicións de baile, concertos de música, maxia, títeres e teatro; e outra pensada para os máis cativos/as que inclúe obradoiros (elaboración de gorros e adornos do Nadal, globoflexia, maquillaxe, redacción de cartas para os Reis Magos); xogos (sogatira, paracaídas, rá, diábolo, carreira de sacos); animación de rúa (Papá Noel, zancos, duendes do Nadal, carteiros reais, paxes, Reis Magos) e espectáculos varios (bonecos de neve, LLila e Paspallás, Rei Midas, etc), que rematarán coa tradicional Cabalgata de Reis o próximo 5 de xaneiro.

divirtetenadal.jpg

 Curso de elaboración de adornos de Nadal no Rosal 

O concello do Rosal desenvolverá, os sábados 15 e 22 de decembro, un curso de elaboración de adornos de Nadal, destinado a nenos/as e adultos, polo que poderán asistir pais, nais e fillos/as xuntos. 

O curso desenvolverase en horario de 10h00 a 13h00 no Centro Polivalente do Rosal, sempre que se acade un número mínimo de participantes e terá un custe de 5 euros por persoa.