PARABÉNS PARA TI!
Escrito por Equipo educativo de Oia, o 15 de Xullo do 2008 ás 11:50Ainoa e Xoán, felicidades polo voso aniversario!!!!!!!!! Xa tedes 2 anos!
E Ania 3, Uf! que maior!
Ainoa e Xoán, felicidades polo voso aniversario!!!!!!!!! Xa tedes 2 anos!
E Ania 3, Uf! que maior!
Este mes tamén foron moitos os aniversarios a festexar na nosa Galescola. Queredes velo?
SARA:
MARCOS:
ROBERTO:
SERGIO:
PARABÉNS PARA TODAS E TODOS NO VOSO DÍA!!!!!!!!!!!!!
Neste mes de abril foron tres os aniversarios que festexamos na nosa Galescola: Brais De Oliveira, Lucía e María. Queredes velos??
Facendo e entregando os agasallos:
Tirando da piñata:
Na festa:
O pasado día 25 Adrián cumpliu tres anos, despois de Izan é o neno maior da galescola. Tras apagar as velas e comer o doce, comezou unha grande festa onde non faltaron nin a piñata nin a música. Adrián pasouno de medo xogando e bailando co resto dos seus compañeiros e compañeiras.
Estamos moi contentas porque Xiana ademais de festexar con nós o seu primerio aniversario, comezou a gatear.
A súa nai colaborou facendo unha orixinal torta con froitas en forma de cara, xa que sabía que estabamos a traballar o corpo. Moitas grazas Sofía!
A celebración non rematou aí; cantamos e bailamos ata que xa non puidemos máis. Parabéns Xiana!
Alejandro, o neno máis maior da aula dos vermes festexou o pasado venres o seu segundo aniversario con nós. Todos/as pasámolo moi ben e a súa cara de ledicia foi o mellor da festa. Cos agasallos dos/as seus/súas amiguiños/as, coa piñata que preparamos as educadoras, cos globos, o confeti e a música, conseguimos que Alex se sentise o “Rei” do día
Para festexar os aniversarios as crianzas da galescola participan nun obradoiro. En primeiro lugar, os/as compañeiros/as fan un agasallo ao/á seu/súa compañeiro/a; no recanto dos artistas facemos un debuxo para que o agasallado léveo á casa de recordo. Despois cantamos todos/as xuntos/as ese clásico “Cumpreanos Feliz”. Tamén construimos unha piñata onde as crianzas participaron moi activamente xa que son eles/elas mesmos/as as/os que fan o confeti. E, por último, bailamos, sobre todo, bailamos. Por suposto, este día, o “rei” foi Izan que sentiuse o protagonista todo o tempo.