SESIÓN 7: EXPERIMENTAMOS COAS NOSAS MANS

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 21 de Abril do 2008 ás 15:38

Esta actividade estivo encaminada a que os nenos e nenas de 0-2 gozaran todo o posible tocando e manipulando diferentes materiais/productos ao tempo que, inconscientemente, aprendían moitas cousas (textura, cor, peso, …). Os materiais seleccionados foron fariña, area e “polispán” que depositamos en tres gavetas.

 IMG_0129.JPG      IMG_0139.JPG      IMG_0135.JPG

A continuación, as educadoras agochamos varios obxectos non moi grandes para que as crianzas os atopasen remexendo. A verdade é que lles gustou moitísimo e repetían continuamente: “Outra vez, outra vez”.

IMG_0138.JPG      IMG_0133.JPG      IMG_0140.JPG

OS CASTROS

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 14 de Abril do 2008 ás 09:21

Un dos eixos fundamentais da práctica educativa na educación infantil é partir do contorno máis cotiá e próximo do/a neno/a. Por iso na nosa programación temos recollidos temas como os castros, os curros e os faros por formar parte da tradición e patrimonio cultural do concello de Oia.

Nesta última semana os nenos e nenas acaban de descubrir os castros, as casiñas de pedra e palla onde viviron os nosos antepasados os celtas. Con anterioridade estivemos un tempo traballando as estancias propias das súas casas facendo unha pequena “réplica” das mesmas (recortando obxectos, mobles,…. de revistas e pegándoas na parte da casa correspondente).

as partes da casa (2).JPG IMG_4941.JPG  

Varias foron as actividades que levamos a cabo en relación aos castros, entre elas destacamos:

  • Lectura comparativa de imaxes: as nosas casas e as dos celtas:

presentación de imaxes (1).JPG

  • Relato do conto “Os Bolechas queren saber que é un castro celta” e posterior diálogo:

lendo o conto dos castros (4).JPG

  • Observación, manipulación e diálogo sobre fotos de castros: 

 visionado de fotos.JPG   visionado de fotos (6).JPG

  • Construcción dun castro celta entre todos onde aproveitamos para traballar os materiais de que están feitos, as texturas, as cores e as formas:

facendo o castro.JPG facendo o castro (4).JPG mostrando o castro (3).JPG

  • Elaboración dun castro de xeito individual: co seu tellado de palla e as paredes de pedra (area con cola)

  facendo un castro para casa (12).JPG  Facendo o tellado do castro con palla (6).JPG

As crianzas quedaron entusiasmadas con todo o que aprenderon e co traballo feito. Ademais houbo familias que se implicaron moitísimo e levaron aos/ás seus/súas fillos/as aos “asentamentos castrexos” situados en Oia ou no concello colindante de A Guarda. Aquí podemos observar a un deles relatándonos a súa experiencia:

visionado de fotos (7).JPG

Esta mesma semana, e seguindo a mesma liña metodolóxica comezamos a traballar os cabalos e os curros; xa vos contaremos proximamente como foi a experiencia.

SESIÓN 6: O mundo en imaxes

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 8 de Abril do 2008 ás 16:13

Nesta ocasión, os alumnos e alumnas da aula de 0-2 tiveron que traballar con imaxes, iso sí, moi próximas a eles/as para facer a actividade máis sinxela.

Nun primeiro momento, a educadora foi a encargada de irlles mostrando, unha a unha, as diferentes imaxes e explicando o que se vía en cada unha delas. 

    IMG_0027.JPG    IMG_0028.JPG

A continuación, as crianzas convertéronse nas protagonistas tendo que atopar, cada unha delas, a imaxe que a educadora lles pedía en cada momento. É incrible o ben que o fixeron todos/as.

IMG_0030.JPG   IMG_00341.JPG   IMG_0031.JPG

Por último, os nenos e nenas puideron observar e manipular libremente todas as imaxes. A verdade é que estiveron moi inxeniosos/as e graciosos/as nos comentarios que se dicían entre eles/as.

    IMG_0041.JPG      IMG_0038.JPG

Día do libro infantil

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 7 de Abril do 2008 ás 15:56

 O 2 de abril celebrouse o día internacional do libro infantil conmemorando así o día do nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés famoso polos seus contos para nenos/as, entre eles “O parruliño feo”, “O soldadiño de chumbo” ou “As zapatillas vermellas”, entre outros.

 As/os nenas/os da Galescola de Oia fixeron a súa particular celebración, facendo diferentes actividades que xiraron en torno ao conto “O pequeno parrulo”.

Así, na aula de 2-3 contouse primeiro o relato e logo preparouse un decorado (as crianzas pintaron un estanque utilizando esponxas), para que, máis tarde, todas as educadoras do centro representaran o conto.

        IMG_0005.JPG          IMG_0008.JPG      

Para esta ocasión os/as nenos/as de 0-2 fixeron unha pequena excursión a aula de 2-3 para poder presenciar todos/as xuntos/as a representación levada a cabo polas educadoras.

Este conto narraba a historia dun parruliño que ía desexando partes do corpo de diferentes animais:

IMG_0012.JPG     IMG_0019.JPG     IMG_0020.JPG

a cola dun esquío         a crista dun galo         a trompa dun elefante  

Cada un deles ían entregándolle ao parrulo aquelas partes do corpo que ía desexando. No momento no que o parrulo se quiso bañar no estanque cos seus amigos, deuse conta de que pesaba demasiado e desexou volver a ser de novo un parrulo.

Como podedes ver, os nenos e nenas non perderon detalle algún:

 IMG_0024.JPG     IMG_0026.JPG     IMG_0029.JPG

Xa por último, na aula de 0-2, unha vez de volta, cada neno/a pintou o seu propio parrulo para colocar nun estanque feito tamén por eles/as.

IMG_0047.JPG        IMG_0051.JPG        IMG_0057.JPG

SESIÓN 5: Os sons dos instrumentos

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 7 de Abril do 2008 ás 15:52

Nesta sesión do obradoiro dos sentidos as crianzas descubriron, nun primeiro momento, o son dos instrumentos. Para isto, a educadora foi mostrándollos un a un e contándolles como había que facer para que soaran.

IMG_0017.JPG           IMG_0018.JPG
A continuación, os nenos e nenas manipuláronos libremente facéndoos soar.

IMG_0025.JPG           IMG_00241.JPG
Por último, todos/as xuntos/as acompañamos a canción “Pi, pi, pi, pita o longo tren” cos diferentes instrumentos seguindo o mellor posible o compás da música.

                        IMG_0034.JPG

DIA MUNDIAL DO TEATRO

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 28 de Marzo do 2008 ás 09:14

Con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo, na Galescola de Oia leváronse a cabo unha serie de actividades nas que as crianzas foron as principais protagonistas. Partindo do conto dos Tres porquiños os nenos e nenas:

  • visionamos o conto no PC,

          IMG_4880.JPG

  • confeccionamos as marionetas,

          IMG_4882.JPG

  • elaboramos por recantos as tres casiñas con diferentes materiais,

  IMG_5150.JPG IMG_5141.JPG IMG_5132.JPG

  • dialogamos sobre as normas de comportamento nos teatros

         IMG_5152.JPG

  • e participamos no transcurso da obra no teatrillo da escola.

  IMG_5155.JPG IMG_5164.JPG IMG_5178.JPG

FELICIDADES ADRIÁN!!!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 28 de Marzo do 2008 ás 08:12

O pasado día 25 Adrián cumpliu tres anos, despois de Izan é o neno maior da galescola. Tras apagar as velas e comer o doce, comezou unha grande festa onde non faltaron nin a piñata nin a música. Adrián pasouno de medo xogando e bailando co resto dos seus compañeiros e compañeiras.

      IMG_0083.JPG          IMG_0091.JPG

XIANA XA TEN UN ANO!

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 25 de Marzo do 2008 ás 09:32

Estamos moi contentas porque Xiana ademais de festexar con nós o seu primerio aniversario, comezou a gatear.

A súa nai colaborou facendo unha orixinal torta con froitas en forma de cara, xa que sabía que estabamos a traballar o corpo. Moitas grazas Sofía!

                          CUMPRE XIANA.JPG

A celebración non rematou aí; cantamos e bailamos ata que xa non puidemos máis. Parabéns Xiana!

DÍA DA ÁRBORE

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 24 de Marzo do 2008 ás 09:27

O primeiro día de primavera no hemisferio norte e primeiro día de outono no hemisferio sur, celébrase o Día Forestal Mundial. Dédicase a realzar a importancia das árbores e bosques de todo o planeta que, silenciosamente pero de maneira vital, contribúen co desenvolvemento de todas as especies, fundamentalmente do ser humano. Os bosques provennos de bens, producen osíxeno para que poidan respirar os seres vivos, nutren o chan, purifican o aire,… son decididamente vitales para todo o ecosistema do noso planeta.
Como na nosa galescola aínda non se pode plantar árbores, decidimos facer entre todos/as, a aula dos caracois xunto coa aula dos vermes, unha bonita árbore con materiais naturais. Os/as nenos/as apreciaron as texturas da codia e das follas e disfrutaron do traballo en grupo. A volta das vacacións plantaremos unhas semillas e estaremos moi atentos/as a súa evolución: regalas, poñelas ao sol, observar cando lle sae a primeira folla, canto medra, etc. 

DÍA DA ÁRBORE.JPG                 DÍA DA ÁRBORE (9).JPG

DÍA DA AUGA

Escrito por Equipo educativo de Oia, o 22 de Marzo do 2008 ás 10:10

 A Asemblea Xeral da ONU declarou o Ano 2008, Ano Internacional do Saneamento. Polo tanto, o Día Mundial da Auga 2008, que se celebrou este ano o xoves 20 de marzo, fixo énfasis nas cuestións relacionadas co saneamento.

Nós, dende a escola, queremos contribuír tamén a concienciar aos/ás nosos/as alumnos/as da importancia que ten coidar a auga. Falamos na asemblea da mellor maneira de conservala, dos seus diferentes estadíos, do seu sabor e cor e da súa utilidade (regar, beber, lavar, etc.).

O seguinte foi un traballo por recantos, onde os/as nenos/as experimentaron, manipularon e gozaron coa auga. Ao final dos obradoiros non tiramos a auga, botámola nos caldeiros da limpeza para utilizala para limpar o chan.

Nun recanto puxemos auga fría, morna e xeo; os/as nenos/as metían as súas mans e contábanos que sentían:

IMG_5090.JPG  

Noutro recanto probaron a facer burbullas:

IMG_5073.JPG

Na mesa de auga investigamos con diferentes materiais e descubrimos que algúns flotan, como a esponxa e a madeira, e outros afúndense, como as pedras e a plastilina:

IMG_5084.JPG

E gozamos dun conto interactivo sobre o ciclo da auga:

IMG_5097.JPG

 O EXPERIMENTO

A auga é transparente pero nós podemos darlle cor. Neste caso con papel crespón de cor azul, os/as nenos/as quedaron abraiados/as vendo a trasformación que sufría a auga en canto lle botabamos os anacos de papel.

  IMG_5110.JPG IMG_5111.JPG IMG_5106.JPG