Escrito por Equipo Educativo de Portas, o 4 de Setembro do 2008 ás 19:36
O luns día 12 de maio tivemos a sorte de poder asistir á actuación de “Mamá Cabra”. Tamén foron os maiores do centro de día e dende aquí dámoslle as grazas a Luis e a Puri do CPI Domingo Fontán por invitarnos a asistir xunto cos 180 rapaces do cole.
O espectáculo durou unha hora aproximadamente e foi pola tarde.
Da clase dos “grandes” fomos todos, xa que nos encantan as súas cancións.
E da clase dos ”peques” foron só 5, xa que pola tarde veñen moi poucos a escola.
Pasámolo tod@s moi ben e tivemos a sorte de que nos adicaran a todalas crianzas da galescola a canción de “O Polo Pepe”. Bailamos moito, incluso enriba das butacas(e que sentados non vemos nada, xa que son moi grandes para nós…) e logo baixamos ao chan e alí si que nos moviamos moito mellor. FOI FANTÁSTICO!!
Xa sabedes que a música ten dúas caras, e esta é a segunda. A pesar do barullo algún ficou durmido. Despois de tanto baile….un acaba esgotado!!
Ainda que o semella, este non é o titulo dun conto. É o que estiveron a facer na pascua as crianzas da galescola.
Os “grandes” non daban crédito: podían revolver o cunco do chocolate derretido pero estaba moi líquido……. como ía sair de ahí unha piruleta??
Pouco a pouco a cousa foi tomando forma.
Primeiro enchían o cullerón co chocolate………. e ían baleirandono enriba do papel de repostería e para rematar…. poñíanlle o pauciño.
Así un tras outro neno/a ían vendo o proceso da piruleta.Esperamos a que enfriaran e envolvémolas.
As caras que poñían cando viñan a buscalos os seus pais e lles contaban que “esa” era a súa piruleta e que as fixeran eles coas profes……… eran increibles!!!
Os “peques” tamen fixeron as suas piruletas.
Tiñan moita curiosidade, e cando descubriron que aquelo podía meterse na boca……decataronse sen ninguha dúbida que ………. estaba BOIIIIIISIMO!!!
Non houbo pelexas pero pouco faltou. O cunco estivo moi acaparado por uns dos pequerrechos. Non tedes mais que votar unha ollada as imaxes que recollen os derradeiros intres da fusión PEQUES-CUNCO DE CHOCOLATE.
A experiencia queda mais que demostrada. A verdade é que estaban de rechupete tanto as piruletas ……. coma os nen@s!!!
O martes 11 de marzo tivemos a presentación na escola do “Espazo das familias”. Esta é unha experiencia piloto que se leva a cabo en determinadas galescolas coa colaboración de Preescolar na Casa.
Pili, que é a coordinadora asignada a Portas, explicoulle aos pais que este era un primeiro encontro para coñecernos e poñer en común algúns temas para poder falar e comentar nas próximas xuntanzas.
Alí estábamos todos, pais, cativos e o equipo educativo participando activamente. Para ir coñecéndonos rematamos cantando todos xuntos unha canción e logo “manteando” aos nenos.
Resultou moi entretido e os peques pasáronno de maravilla. Os pais tamen se foron con bo sabor de boca, e xa sabedes que….. sen a vosa colaboración isto non é posible!!!
Xa falta pouco para ir ao comedor. Na aula dos “grandes” primeiro imos ó baño os que non usamos cueiros, e logo as profes axúdannos a lavar as mans e a cara. Para rematar póñennos os babeiros.
Os “peques” cantan na súa clase coas súas profes: COMER COMER… todos sentadiños na alfombra mentras os van aseando, e tamen lles contan un conto.
Mentras uns “grandes” se asean os demais ficamos sentados na alfombra, ollando uns contos e cando estamos xa listos, cantamos todos coas profes ou bailamos un pouco.
Deseguido facemos un tren e saimos da aula pitando e cantando: PI-PI-PI PITA O LONGO TREN PI-PI-PI POLA VÍA VEN!!! Hai veces que os vagóns sóltanse e temos que tirar un pouco mais para volver a xuntarnos e pronto se argalla outra vez… Que ben o pasamos!!!
Os “peques” tamén fan un tren… pero ese descarrila moito mais…!!!
Xa no comedor os grandes sentámonos cada un no seu sitio e comenzamos a xantar. Algúns precisamos mais axuda que outros pero ahí están as profes para botarnos unha man. Os “peques” comen na trona a papilla e outros nas mesas redondas purés ou comida enteira.
A comida que fan Pili e Mar está boísima. Gústame moito ficar no comedor e non son o único: xantamos 30 nenos/as!!!
Cando todos rematamos volvemos á clase facendo outro tren, nós os “grandes” co mandilón na man e temos que colgalo no percheiro, debaixo da nosa foto. Isto non é moi doado xa que alí tamén están os chaquetóns, as mochilas… Hai veces que remata todo no chan!!!
Os “peques” sacan o mandilón na clase coas súas profes que lles cambian os cueiros e lávanlle as mans e a cara.
Xa na clase os “grandes” imos, pouco a pouco, aseándonos outra vez coa axuda das profes… e no baño tamén temos as nosas charlas. O tempo non chega a nada!
Logo facemos un pouco de xogo libre ata que todos estamos xa listos e vemos un conto ou cantamos. A maioría dos nenos vanse ás súas casas despois de xantar, pero algúns ficamos a dormir a sesta e mentras facemos tempo na aula-patio.
Cando chega a hora imos cara o dormitorio e deitámonos cada un na súa cama e no seu berce mentres escoitamos a música tan relaxante que nos poñen as profes… A durmir, que xa estamos moi cansos!!! Ata a próxima que vos conte máis. ZZZZZZZZZZZ
O mércores 13 de febreiro comenzamos unha nova maneira de coñecer diferentes contornos e acercalos á nosa realidade. Parte do equipo educativo (todas é imposible) - Mar, Nati, Ángeles, Rocío e María- fixemos a nosa primeira visita ás galescolas de Boiro e Rianxo.
Da nosa nova andaina só podemos resaltar aspectos moi agradables: sorpresa xeral das compañeiras cando nos viron chegar (fomos sen avisar) e ganas de intercambiar diferentes opinións sobre o noso facer no día a día.
En Boiro coincidimos con gran parte do equipo educativo e tamén estaba Bea. Todas charlamos mentres percorriamos as instalacións da escola, e comentábamos que así podíamos sacar ideas novas para levar aos nosos centros respectivos, xa que é moito máis productivo ver as cousas in situ que contalas. O tempo pasou rápido e quedamos en que pronto nos farían elas unha visita a nós. Esperamos que sexa………. XA!
Como a escola está tan preto do mar -é unha ledicia!- non puidemos resistirnos e baixamos a recoller algunha cunchas para facer traballiños cos nosos nenos/as.
Xa tiñamos pouco tempo e era moi tarde, ainda así pasamos por Rianxo. Tamén foi unha ledicia conversar cas compañeiras que ainda se atopaban alí. Fixemos unha visita rápida por toda a escola. Xuntas intercambiamos información e inquedanzas sobre o noso cotiá… a visita foi curta pero mereceu a pena. Mágoa que xa non estivera Estefania. Outra vez será!. Esperamos que nos devolvades a visita!. Aquí estamos xa de noite ó saír da galescola. Esquencémonos de sacar unha foto coas compañeiras.
No entroido, Rocío, tamén fixo unha visita á galescola de Taboada e alí compartiu un rato agradable coas compañeiras, tamén estaba Amelia. Xuntas charlaron e quedaron convidadas a visitarnos. Estamos esperándovos!
E xa sabedes…………..aquí seguimos pasando fios pola rede….. e axudando a tecela!
Animádevos, nós faremos máis “inmersións”. De seguro!!!
O martes os nenos e nenas viñeron disfrazados da casa, cada un como máis lle gustaba e o equipo educativo fixémolo diante das crianzas… así non hai choros!!
Cando todos estivemos xa preparados fixemos unha pequena actuación para os peques…que nos miraban abraiados. Pasárono xenial!! COMENZA A FUNCIÓN.
Xa máis tarde foron chegando os pais, familiares e amigos e comezamos todos a degustar os postres típicos: orellas e filloas…
Os nenos e as profes cantamos todos xuntos unha canción e iso que os peques tiñan moita vergoña. Os papis non colaboraron so cos postres, que estaban moi bos, senón que tamén algúns viñeron disfrazados e todos compartimos uns momentos moi agradables.
Grazas a todos e ata a próxima!!
Non o podiamos crer, tocaron na porta e… era PAPÁ NOEL!! Estaba por Caldas mercando os últimos agasallos e decidiu vir coñecer a nosa Galescola e saudar aos nenos/as e ás mestras.
A ilusión na cara dos cativos… non hai nada no mundo que o pague.
Tamén houbo choros, pero rematáronse cando Papá Noel lles deu un pequeniño agasallo a cada neno/a co seu correspondente bico, que tampouco faltaron.
Aula 1-2 anos
Aula 2-3 anos
E entre risas, choros, agasallos e bicos, unha das nenas recordoulle a Papá Noel que non se olvidara de traerlle a súa “bisi asul” (así me gusta Uxía, que con tanto regalo algún se lle pode olvidar, moi ben por recordarllo).
E como non, desexarvos a todos/as que Papá Noel vos deixe moitos agasallos, aínda que sabedes que eso vai en función do bo comportamento………. xa sabedes!!
Dende a Galescola de Portas queremos desexarvos a todos/as un Bo Nadal e un Feliz Ano 2008, que chegue cargado de ilusións, moita ledicia e bos momentos.
BO NADAL!!
O equipo educativo da Galescola de Portas quere darvos a benvida a todos e todas!!
Esta é a nosa Galescola, nestes momentos estamos preparando todo para o Nadal (felicitacións para os papis e mamis, adornos para a árbore, últimos ensaios das panxoliñas…)