HOLAAAAAAAAAAAAAAAAAAA!!!
Escrito por equipo_educativo, o 31 de Marzo do 2008 ás 10:12Non marchar sen mirar as nosas páxinas, seguro que o pasades tan ben coma nos

ULTIMAS NOVAS
Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Teatro durante toda a semana na nosa Galescola levamos a cabo diversas REPRESENTACIÓNS TEATRALES:
_ O BEBÉ -MIMO
Luns día 31 de marzo: Na porta da escola un bebé-mimo anunciaba a semana do teatro repartindo o programa de actividades a todo aquel que lle dera un bico
_ O CROCODILO VERDE
Martes día 1: representación do conto “O crocodilo verde” na que participaron os nenos e nenas.
representación do conto “O crocodilo verde” na que participaron os nenos e nenas.
_ ¡¡¡CHEGAN OS PAIASOS!!!
Mércores día 2, un espectáculo cheo de xogo, cancións e outras sorpresas que desataron as risas dos nosos cativos e cativas e tamén algunha que outra lagrimiña
_ TEATRO DE SOMBRAS
Xoves día 3, os nenos e nenas disfrutaron do conto “O príncipe durminte” unha versión moi orixinal do conto tradicional. “A bela durminte” narrado a través da técnica da luz proxectada sobre as figuras. Un mundo aberto ós sentidos que fixo as delicias dos máis pequenos.
_PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS
Venres día 4 de abril, un grupo de nais representou o conto tradicional “Carrapuchiña Vermella”. Inda que elas tiñan un pouco de medo escénico, as funcións foron un éxito, ao rematar os cativos no paraban de aplaudir e de berrar “BRAVO!, BRAVO!.

NORABOA A TODAS!!!