Escrito por eva_cambre, o 12 de Xullo do 2008 ás 12:42
Gustaríame facer unha reflexión sobre o meu curso, que todas as persoas que traballan nas escolas infantís imaxino que podedes comprender.
Dame a sensación de ter vivido un montón de cousas durante o curso, pero de deixar moitismas máis sen traballar, é unha sensación extraña de querer facer e non dar feito todo. Queda moito que mellorar, queda moito que pulir, queda moito que introducir, queda moito que reflexionar, sobre as prácticas educativas, sobre os contidos… para facer ben o noso traballo. E paréceme moi complicado facelo antes de ter que introducirme nun novo curso. As presas, o apuro do traballo no día a día, fan que todo vaia moi rápido e cando nos decatamos, xa rematou todo.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por eva_cambre, o 26 de Abril do 2008 ás 12:53
Este curso, son educadora do grupo de maiores de 2-3 anos, teño unha fantástica parella educativa, Isa, que cousas da vida, é unha gran amiga dende hai xa máis de 10 anos, o destino xuntounos nos estudos de Educación Infantil, Educación Social e no traballo.
Aquí abaixo vou a poñer unhas fotos. Habitualmente vestimos algo mellor, non moito porque os salarios están moi baixos, pero que imos facer? Estabamos de Entroido.
Eva (desfraz de vella) facendo filloas para a Festa de Entroido
Isa (desfraz de mariachi) para a saír a correr o Entroido coas familias
Outro día poño aquí fotos de estudio, que saímos mellor, aínda que sinto informar que xa estamos casadas.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por eva_cambre, o 16 de Abril do 2008 ás 21:50
Despois dunha pequena ou longa andaina, vai sendo hora de achegarme ao blog. Convídovos a que falemos e compartamos problemiñas de educadora a educador/a. Saúdos a todos/as
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por eva_cambre, o 16 de Abril do 2008 ás 21:47
Esta é a miña primeira entrada no meu blog.
Podedes saber mais sobre min premendo na ligazón ‘Sobre min’ á dereita
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »