Visita ao Acuarium de A Coruña.

Escrito por gustavo, o 8 de Xullo do 2008 ás 10:11

Aí vos van algunha fotos da visita ao Acuarium. Fomos todos os grupos e aínda que é unha das saídas habituais non deixamos de sorprender coas crianzas.

Queremos agradecer que todos os bebés que viñeron tiveran un acompañante, xa que senón a visita sen eles sería moi complicada. Amais dos peixes gústanos moito a viaxe en autobús.

 

IMGP4794.JPGIMGP4795.JPGIMGP4798.JPGIMGP4799.JPG

 IMGP4834.JPGIMGP4859.JPGP6250706.JPGP6250736.JPG

 

 P6250772.JPGP6250785.JPG

 

 

 

 

 

 

 

FESTA DE FIN DE CURSO.

Escrito por gustavo, o 6 de Xullo do 2008 ás 21:50

Xa damos por rematado o curso e aproveitamos a ocasión para despedirnos dos que vos ides da Escola e darvos as grazas pola vosa participación na actividade da mesma ao longo de todo o curso e tamén desexarvos que todo vos vaia moi ben. Ás e aos que vos quedades un ano máis ánimo que aínda  nos queda moito que desfrutar.

Que ben o pasamos na festa no fin de curso coas nenas e os nenos facendo unha representación dos pitiños. Tamén felicidades a Laura e Belén polo inxenioso guiñol que construiron e polo ben que entretiveron ás criaturas e tamén a todos os maiores que estaban alí.

IMGP2177.JPGIMGP2171.JPGIMGP2167.JPGIMGP2164.JPGIMGP2153.JPG

 IMGP21381.JPG

 

LETRAS GALEGAS.

Escrito por gustavo, o 6 de Xullo do 2008 ás 11:11

Estas son algunhas das fotos da festa final do día das LETRAS GALEGAS.

Como xa sabedes ao longo da semana fixemos diferentes actividades relacionadas con esta data para rematar celebrando, cunha gran festa, o día do Cumpreanos dos Contos en Galego, con diferentes contos e música propia galega, para rematar soprando as velas dunha tarta.

IMGP2028.JPGIMGP2027.JPGIMGP2015.JPGIMGP2012.JPGIMGP2011.JPG

IMGP19971.JPG

Familia e Escola en convivencia…

Escrito por gustavo, o 11 de Xuño do 2008 ás 11:11

O martes día 10 nais, pais, avoas, avós, nenas e nenos e o persoal da Escola pasamos unha xornada na praia de Gandarío.

Logo para comer desfrutamos do Albergue de Gandarío ao que desde aquí lles agradecemos a súa colaboración connosco en todo momento que o precisamos.

A verdade que pasamos un moi bo día e a participación de todas e todos vós foi moi alta. Gracias tamén.

IMGP2055.JPGIMGP2053.JPGIMGP2069.JPGIMGP2074.JPG

P6100246.JPGP6100252.JPGP6100257.JPGP6100295.JPGP6100297.JPGP6100298.JPGP6100299.JPG

P6100319.JPG

Por fin xa voltamos a estar operativos.

Escrito por gustavo, o 9 de Abril do 2008 ás 12:43

Xa están as fotos para que as poidades imprimir (do Antroido). Xa vistes que continuando co centro de interese montamos o taller de cociña, no que elaboramos pan, algún que outro doce e empanada. Dámoslles as grazas á cociñeira por prestarnos o forno.

Agora estamos a traballar en todas as aulas a primaveira, teredes fotos das vosas crianzas na vosa páxina así como o conto que como sempre, elaboramos na Escola. Pronto vos publicaremos tamén o conto das Cociñeiras e Cociñeiras que aínda estamos rematando de debuxar.

Tamén nestes días inauguramos o noso “obradoiro tecnolóxico” no que estivemos a xogar un pouquiño cos ordenadores, aprendendo o manexo do rato.

Estade atentos a entrar nos porfolios das vosas fillas e fillos xa que pouco a pouco iremos introducindo novas.

 Taller de nais e pais. As cociñeiras e cociñeiros desta Escola As mamás e papás tamén participaron.1 a 2 anos no taller.Que ben o pasamos coa fariña...!2 a 3 anos facendo pan.Máis pan...IMGP1824.JPG O noso IMGP1853.JPGIMGP1763.JPG

O Antroido

Escrito por gustavo, o 31 de Xaneiro do 2008 ás 11:33

Ola de novo.

En primeiro lugar pedirvos disculpas xa que a páxina, das usuarias e usuarios desta Escola rexistrados, leva un tempo parada por motivos técnicos do propio Centro. A partir de hoxe poñémonos de novo a meter información, desde os menús ata a festa de Nadal.

Neste Antroido somos As Cociñeiras e Cociñeiros. Estamos a preparar o noso taller de Cociña no que elaboreremos o pan e algún doce. Xa sabedes que a Gran Festa é o día 8 de febreiro e todas e todos iremos disfrazados (cada nena e cada neno deberá ter un acompañante que tamén se disfrazará).

Xa sabedes que na Escola facemos contos de producción propia. O de Antroido estará colgado na nosa páxina nestes días.

Tamén queremos agradecer a colaboración na elaboración de todos os disfraces e na participación en diferentes eventos destes datas, xa que sen vós sería imposíbel.

Grazas e un saúdo.

O Outono.

Escrito por gustavo, o 7 de Novembro do 2007 ás 15:13

Desenvolveuse en todas as aulas o centro de interese do Outono, no que realizamos diferentes actividades, saídas a recoller castañas e tamén fixemos o conto.

Animámosvos a todas as nais e pais a que vos sigades rexistrando, xa que podedes acceder a diferente información como menús, eventos máis próximos, fotos…

Xa estamos tamén a traballar no portfolio das vosas fillas e fillos, onde por exemplo a aula dos bebés no apartado de outros ten o seu menú personalizado así como diferentes fotos no apartado de album, ou no grupo de 1 a 2 anos no que tedes as fotos da saída e conto para que poidade imprimir.

Un saúdo a todas e a todos e grazas pola vosa participación.

Saímos a recoller castañasIMGP0775.JPG

Tamén estivemos en Marcelle!

Escrito por gustavo, o 11 de Xullo do 2007 ás 11:51

Aí vai algunha foto máis do día que visitamos Marcelle Natureza en Outeiro de Rei. Grazas a todas as nais e todos os pais que nos acompañastes. A viaxe que fixemos foi un pouco longa, sen embargo cremos que mereceu moito a pena. Canto desfrutamos vendo os animais e comendo de campo.e.jpgb.jpga.jpg c.jpgd.jpg

 

Tamén as máis e os máis peques visitamos a Casa dos Peixes.

Escrito por gustavo, o 13 de Xuño do 2007 ás 08:53

2.jpg3.jpg4.jpg5.jpg6.jpg7.jpg8.jpgTamén os bebés o pasaron moi ben. Queremos agradecer a participación de todas as nais nesta visita.

Hai vedes algunha das fotos que fixemos tanto no Acuario como despois comendo todas e todos xuntos na Escola. Teredes máis información no porfolio da vosa filla ou fillo.

Ata pronto!!!

Xa fomos ao Acuarium.

Escrito por gustavo, o 18 de Maio do 2007 ás 08:41

Canto desfrutamos hoxe no Acuarium. Estivemos preto de dúas horas e non nos cansamos moito.

Aí vos vai algunha foto desta Imagen 020.jpgsaída.29.jpg28.jpg

Agardamos que nos acompañedes na que faremos a Marcelle.