Escrito por Equipo educativo Galescola Cambre, o 10 de Abril do 2008 ás 17:38
O Nadal foi un tempo que nos deu moito de si para realizar un bo número de actividades no centro.
A DECORACIÓN DA ESCOLA
As nenas e os nenos fixeron diversos elementos decorativos propios do Nadal, como:
Murais de Nadal
Árbore de refugallo

Aquí nos está axudando unha mamá
Instrumentos musicais

Pero aínda precisabamos máis axuda, e pedimos a colaboración de pais e nais que responderon marabillosamente en distintos obradoiros

SAÍDA PARA CANTAR PANXOLIÑAS
Cando xa tiñamos elaborados os instrumentos musicais, as familias, nenas e nenos, saímos todos xuntos a cantarlles panxoliñas aos nosos veciños maiores do Instituto.
VISITA DE PAPÁ NOEL
O 20 de Decembro visitounos un dos amigos que nestas datas sempre nos agasalla coa sua presencia, o amigo Papá Noel. As crianzas viviron este momento con moita ilusión. Foron momentos moi especiais.
FESTA DE NADAL
O día 21 de Decembro festexamos o Nadal na Galescola de Cambre.
Pola tarde merendamos todos xuntos na escola, cada familia trouxo da súa casa alimentos típicos destas festas.
Acompañounos unha coral do Concello, da que forman parte algúns avós e avoas das crianzas da nosa escola. Adicáronnos un recital precioso de panxoliñas.

Sen embargo, o máis agardado era a chegada dos Paxes Reais, porque tod@s tiñan as súas cartas preparadas para entregar persoalmente.

Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo educativo Galescola Cambre, o 10 de Abril do 2008 ás 16:36
Nestes priemeiros días as familias colaboraron por unidades na creación dunha obra de arte colectiva, feita con materiais de refugallo. Foi unha boa actividade para que as familias se relacionaran entre si de forma moi distendida e que os nenos e nenas comezaran a explorar as súas aulas e coñecer aos novos amigos


Este é o maravilloso resultado do seu traballo:


Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por Equipo educativo Galescola Cambre, o 9 de Marzo do 2008 ás 12:26
Neste primeiro día, as familias podían coñecer libremente todos os recantos da escola e participar libremente coas súas crianzas, irmáns, curmáns, avós… nos obradoiros preparados:
Algúns pais decididos se adicaron á casiña do patio

Todas as familias tiveron que pasar por unha mesa na que pintaban o debuxo para os colgadoiros dos seus fillos

E fixeron un acuario precioso para decorar a nosa escola

Pintaron as pedras, elaboraron os peixes e cabaliños de mar….
Mirade o precioso resultado

En resumo, foi un día de actividade, no que as familias se relacionaron coa escola de forma distentida e as nenas e nenos comezaron a explorar un novo mundo e moitos novos amigos e amigas
Publicado en As miñas anotacións | 3 Comentarios »
Escrito por Equipo educativo Galescola Cambre, o 9 de Marzo do 2008 ás 11:36
Aínda que xa levamos varios meses de actividade na nosa escola, gustaríanos que non quedara esquecida a nosa andaina. Eses primeiros días de relación coas familias e as nenas e nenos foron moi especiais e satisfactorios para nós.
Para o primeiro contacto coa escola, e durante o período de adaptación pensamos nunha serie de obradoiros que permitisen unha relación distendida e aberta entre todas e todos
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por Equipo educativo Galescola Cambre, o 10 de Febreiro do 2008 ás 13:57
Esta é a primeira anotación no blog do centro Galescola de Cambre. Pode editala ou borrala premendo na ligazón correspondente.
Para obter mais información sobre o centro, pode visitar galescolas.net ou a páxina do proxecto curricular do centro situada no menú lateral.
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »