O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 2 de Xuño do 2008 ás 15:41

Cada 17 de maio, Galicia honra o día das letras galegas. Este ano adicado a Xosé María Álvarez Blazquez, escritor que a maiores de ter obras en distintos xéneros literarios; tamén tivo cabida na súa imaxinación a narrativa infantil con obras como ” Os ruíns”, ” A pega rabilonga e outras historias de tesouros”.

Decidimos que a mellor forma de homenaxealo era co son dunha gaita galega que grazas a Lidia puidemos escoitar e desfrutar bailando. Ademais as crianzas puideron manipular os instrumentos musicais típicos da nosa terra como son a pandereta e a gaita, e tamén o traxe rexional.

tocando gaita.JPG manipulando gaita2.JPG

manipulando gaita.JPG traxe.JPG

baile.JPG

Os maios

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 20 de Maio do 2008 ás 12:08

Coa chegada da primavera chegan tamén as flores, polo que conmemoramos a festa dos maios, tan tradicional na nosa zona. Os máis cativos non se ían quedar atrás na participación desta festividade.

Decidimos facer o emblema das galescolas debuxando primeiro a silueta en porexpan e posteriormente dándolle forma cun cuter. A partir de aquí, comezou a laboura das crianzas, que consistiu en cravar as flores no porexpan baixo as nosas indicacións.

A maiores, cando estivo rematado o noso maio, fixemos un corro o seu redor e cantamos unha pequena estrofa dunha cantiga:

“Aí ven o maio

de flores cuberto

puxéronse á porta

cantándome os nenos”.
A verdade é que quedamos sorprendidos do ben que nos quedou. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado, a ver que opinades:

Facemos a base do maio e eleximos as flores:

forresgan.JPG collendo flores.JPG

Atarefados na súa elaboración:

facendo maio.JPG facendo maio2.JPG

Por fín o noso maio está rematado, e todos/as o festexamos:

galescola.JPG cantando maio.JPG

O DIA DA NAI

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 16 de Maio do 2008 ás 16:37

Co motivo da celebración do día da nai, pensamos en ser un pouco creativos, polo que decidimos por unanimidade, que os nenos e nenas elaboraran un chaveiro para as chaves do coche e un ramo de flores que non perecen.

A través destes agasallos intentamos expresar a importancia que teñen a figura dos pais e nais a estas idades, xa que é fundamental para un bo desenrolo emocional. Nin que decir ten, que dende a galescola valoramos e respetamos moito o seu papel.

A continuación presentámosvos as fotos onde podedes observar o gran traballo que as vosas crianzas realizaron.

Amasando a pasta branca e dándolle forma:

chaveiros.JPG forma chaveiro.JPG

Pintando o chaveiro con pintura de dedos e as flores con ceras:

diego pintando.JPG pintar flores.JPG

O remate final e a gran recompensa: A súa entrega

ramo.JPG

nai de sonia.JPG

Programación de Maio

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 15 de Maio do 2008 ás 18:07

A continuación presentámosvos as actividades que temos previstas para o mes de Maio:

  • 3º obradoiro do espazo das familias.
  • Día da nai.
  • 4º obradoiro do espazo das familias.
  • Xogo do pano.
  • Os medios de transporte.
  • Día das letras galegas.
  • Conto de Lolo e Nina.
  • Saímos en busca de…
  • O reloxo meteorolóxico.

QUEBRACABEZAS CASEIROS

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 15 de Maio do 2008 ás 15:32

O equipo educativo desta galescola, cando elaborou a programación anual, pensou que sería importante aportar algún material elaborado por eles mesmos, xa que neste centro estamos moi concienciados na labor da reutilización do material de refugallo, polo que empregamos cartóns para realizar uns quebracabezas coas formas de animais.

A continuación mostrámosvos como os nenos e nenas realizaron os quebracabezas, tamén imitaron os sons que producen estes animais e identificaron algunhas das súas cores.

todos.JPG yeni carla e clara.JPG
miriam e jr.JPG natalia.JPG