Arquivo de Outubro, 2007

Saída co alumnado a recoller follas e froitos do outono

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 31 de Outubro do 2007 ás 17:20

CIMG0435.JPG

Aproveitando que o día acompañaba, fixemos a saída o souto que temos ao lado da escola; recollimos moitas follas, castañas, landras, ourizos, piñas, bichiños…

A chegada do Outono

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 29 de Outubro do 2007 ás 16:46

Caen as follas e comeza o frio, isto é unha sinal inequivoca de que xa estamos no Outono. Como é evidente dende a escola, que é unha trasmisora da realidade, non podemos deixar pasar por alto este feito, e polo tanto, poñémonos mans a obra para traballar esta estación co noso alumnado. Comezamos polo tanto a nosa terceira gran actividade do curso escolar:

CIMG0423.JPG

PROGRAMACIÓN DO OUTONO:

Primeiro: Saída co alumnado a recoller follas e froitos(castañas, landras…)

Segundo: Manipulación das castañas, landras, follas…

Terceiro: Realización do mural do outono.

Cuarto: Xogo Psicomotriz “Somos árbores”

Quinto: Elaboración dunha castaña xigante.

Sexto: Motricidade fina (pegar gomets nas castañas)

Sétimo: Plantación dunha lentella.

Oitavo: Elaboración dunha landra xigante.

Noveno: Facer unha secuenciación con castañas e landras.

Décimo: Elaboración da crema das castañas.

Décimo primeiro: Realización de paracaídas con castañas e landras.

Décimo segundo: Castaña modelada con pasta branca.

Décimo terceiro:Celebración do magosto.

Vendimar na galescola

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 26 de Outubro do 2007 ás 12:52

Cando todo o equipo se sentou a programar o curso, tiña moi claro que a liña a seguir era partir das características propias do contorno e por tanto do/a neno/a. Pensamos que o que máis pode motivar ao alumnado, é o que o rodea; emporiso, unha vez terminado o periodo de adaptación, comezamos ca primeira gran actividade que tiñamos programada. Ésta non é outra ca vendima, xa que estando na Ribeira Sacra, era un centro de interese fundamental.

A continuación presentámosvos un resumo da actividade, esperamos que vos guste:

primeira1.jpg

parra1.jpg

recoller da parra1.jpg

cuba1.jpg

pisando1.jpg

mans1.jpg

tomar as uvas1.jpg

obxectivos da vendima1.jpg

Benvidos !!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 19 de Outubro do 2007 ás 14:48

Boas a todos/as:

O equipo educativo deste centro quere darvos a benvida ao noso blog. Ésta é a primeira vez que algún de nós crea un blog, polo que pouco a pouco, e coa práctica, iremos engadindo comentarios e mellorando.

De momento pouco máis, 1 saúdo dende Pantón.