Pois sí, a pesares de non ter cociña, fomos capaces de facer unhas ricas filloas; esta actividade é moi enriquecedora, pois o alumnado manipula todo o material (distinguindo sabores, olores, texturas, cores…) ademáis de elaborar conxuntamente un postre que despois van degustar, polo que, xa dende pequenos/as, aprenden a colaborar (dentro das súas limitacións) nas tarefas dos maiores.
A continuación presentámosvos a nosa receita, porque xa se sabe que cada “maestrillo ten o seu librillo”, e polo tanto existen varias formas de facelas.
INGREDENTES








ELABORACIÓN
Primeiro baleiramos tódolos ingredentes nun recipiente:

Despois mesturamos todo ben:

E por último, tan só queda facer as filloas na sartén. Nós como non temos cociña, utilizamos un “pizza-pan” eléctrico:

DEGUSTACIÓN:



A verdade, non é por gabarnos, pero nos saíron moi boas (NORABOA RAPACES)
Por outra banda, pensamos que na casa, tamén as deberían de probar, de maneira que preparamos un plato cunha filloa para cada neno/a e o envolvimos para que quedase máis bonito.

Para finalizar, gustaríanos mostrarvos como quedou a entrada da nosa escola despois de todo este mes traballado. Agora non nos queda máis remedio que cambiar as cousas de sitio e empezar a adornar a escola coas cousas de Nadal.