Para comezar, todo o equipo educativo, quere dar as grazas a tódolos pais e nais por asistir e por colaborar con nós, facendo, deste xeito, un día especial para todos/as e en concreto para os/as nenos/as.
Os/as nenos/as viñeron vestidos de pastorciños e pastorciñas; mirade que guapos/as estaban:


Cantamos panxoliñas e fixemos un pequeno baile; e durante a festa, tivemos unha visita inesperada, xa que nos visitou “PAPA NOEL”(grazas por vir), que traía uns agasallos para os/as nosos/as nenos/as. Como “Papa Noel” é moi bo, deixouse sacar unha foto, MIRADE COMO POSABA:

O agasallo que traía, era un pequeno boneco de neve, acompañado duns caramelos e doces; este era o boneco de neve (que estaba feito con la):

Nestas festas tan entrañables, todo o equipo educativo, quería ter un pequeno detalle cos pais e nais, polo que elaboramos un agasallo. Cunhas oveiras pintadas polos nenos/as e decoradas cuns papeis de cores, fixemos un portafotos no que pegamos unha foto de cada neno/a. Agardamos que vos gustase:

Como nesta galescola gústanos moito o tradicional, e sobre todo a comida tradicional, pedimos os familiares dos/as nenos/as que trouxesen algún postre típico, e como son moi colaboradores, así o fixeron. Deste xeito, é para rematar a festa xuntámonos no comedor; mirade que ben o pasamos!!!!!




O equipo educativo desta galescola, quedou moi satisfeito do resultado desta festa, aínda que non todo saíu como se esperaba, xa que cós nenos/as todo é imprevisible. Ademáis hai que ter en conta, que se trataba da nosa primeira festa, tanto para nenos/as, como para pais/nais e para todo o equipo educativo, polo que en vindeiras ocasións procuraremos que todo esté un pouco mellor estructurado e que o resultado final sexa máis satisfactorio.
Seguiremos facendo este tipo de xuntanzas entre a familia e a galescola, pois parécenos que ésta é unha boa maneira de afianzar as relacións persoais, repercutindo directamente na educación dos nenos/as.