A casa das pombas!
Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 25 de Febreiro do 2008 ás 17:03Aproveitando o traballo feito o día da Paz, coa pomba da Paz, decidimos facer unha casa das pombas. Cunha caixa de cartón, e un pouco de pintura, puxémonos mans a obra:
Pintamos a caixa de diferentes cores coa axuda das esponxas:
Despois pegámoslle uns gomets e forrámola:
Por último tan só nos quedaba colocarlle unhas cordas e colgala na árbore do patio:
O obxectivo principal que nos planteaxamos con esta actividade foi: “O coñecemento do entorno natural: os seres vivos” intentando descubrir onde viven as pombas, como son, que comen…
Pero para que este obxectivo este completo de todo, faltaba un detalle final moi importante; que os/as nenos/as viran de preto unha pomba, e sobre todo, que a poidesen tocar. De maneira que Alba, trouxo unha grande pomba e os/as nenos/as puideron disfrutar dela:








