Arquivo de Marzo, 2008

Aniversario de Clara

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 26 de Marzo do 2008 ás 16:32

Cada vez que celebramos un aniversario, temos a sorte de descubrir, que as familias de Pantón fan moi boa repostería. Esta vez, estaba de aniversario Clara, que cumpría 3 anos, e ademáis de cantar e bailar, degustamos unha rica tarta de fresa, chocolate e gaieta (moitas grazas, estaba moi rica)

Clara pasouno moi ben e disfrutou moito soprando as velas e cantando cos/as seus compañeiros/as. Mirade que contenta estaba:

CIMG2100.JPGCIMG2102.JPG

PARABÉNS CLARA.jpg

Día da muller traballadora

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 19 de Marzo do 2008 ás 12:19

Coa intención de aportar o noso graniño de área a celebración do día da muller traballadora, o persoal desta galescola elaborou unhas pegatinas para repartir entre tódalas nais e persoal da galescola. Mirade como posaban a nai de Natalia e de Clara:

12.JPG13.JPG

Programación de Marzo

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 18 de Marzo do 2008 ás 13:01

Estas son as actividades que pretendemos facer ao longo deste mes:

  • Día da muller traballadora.
  • A festa do vermello.
  • Introdución o número 2.
  • Día do pai.
  • Caixa de Pascua.
  • Benvida Primavera.
  • Mural da Primavera.
  • Día mundial da auga.
  • Conto de Lolo e Nina
  • Día da árbore.

A caixa das texturas

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 17 de Marzo do 2008 ás 17:33

Seguindo a nosa liña de apostar pola reciclaxe e a utilización de material de refugallo, decidimos realizar unha caixa de texturas.

Os pasos a seguir foron os seguintes:

Primeiro colocamos unhas rodas dun choche vello nunha caixa de cartón. Despois envolvimos a caixa con papel de embalar e os/as nenos/as encargáronse de darlle cor:

CIMG1989 (Small).JPGCIMG1981 (Small).JPG

Por último, tan só quedaba por colocar todo o material por todo o seu contorno. O material que colocamos foi: la, algodón, lixa, estropallo, corcho, macarróns, cds e plástico de burbullas.

Mirade que ben nos quedou:

mat_panton_1.jpg

A finalidade é conseguir un xoguete elaborado con material de refugallo, que estimule principalmente o sentido do tacto, a través das diferentes texturas.

Punzón ¿qué é iso?

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 17 de Marzo do 2008 ás 17:19

Esta é a primeira vez que introducimos o punzón; a pesares de que son moi pequenos para seguir un contorno co punzón, pensamos que sería interesante que empezaran a traballar con él. Polo que, nun folio debuxamos un círculo, que primeiro tiñan que pintar, e despois co punzón puntealo.

CIMG1950 (Small).JPGCIMG1960 (Small).JPG

CIMG1965 (Small).JPGCIMG1970 (Small).JPG
O que pretendíamos era familiarizar aos nenos/as co punzón e que descubriran unha nova sensación facendo buraquiños no papel.