O pasado día 12 de Marzo tivemos unha primeira reunión cas familias para explicarlles o proxecto e para descubrir cales eran os temas que lles gustaría tratar. A retirada definitiva do cueiro, a alimentación, os medos, as diferentes emocións (rabechas, celos…), o respecto aos demais… foron os temas máis solicitados.
Tendo en conta todas estas demandas, elaboramos a nosa programación definitiva do Espazo das familias; O primeiro obradoiro con nais/pais e nenas/os foi o día 2 de abril e o tema a tratar foi o da alimentación, levando por título “Merendamos na Galescola”.
TRABALLO PREVIO:
Como a merenda consistiría principalmente de froitas, un par de días antes á elaboración deste obradoiro, fixemos algunha actividade que tiña como centro de interese as froitas. Primeiro as manipulamos, descubrindo a gran variedade de formas, texturas e cores. E despois, con pintura de dedos, démoslle cor ás diferentes láminas de froitas.




“MERENDAMOS NA GALESCOLA”:
Este obradoiro dividíase en dúas partes ben diferenciadas:
Primeira parte: a intención era que entre nais/pais e nenas/os, elaborasen unhas brochetas de froitas, e un pequeno bocadillo, buscando principalmente a autonomía das nenas e nenos e o traballo das diferentes cores, formas, sabores e texturas. A verdade e que todas/os responderon moi ben e as/os nenas/os encantoulles a merenda; incluso querían repetir.









Segunda parte: nesta ocasión, mentres as/os máis pequenas/os estaban cunha educadora, os maiores gozamos dun bo café e dunha grata conversa sobre o sucedido durante a merenda (reaccións e autonomía das nenas e nenos) e tamén manifestamos as diferentes inquedanzas sobre a alimentación. O equipo educativo desta Galescola, é consciente da problemática que supón ter que elaborar e traer a comida tódolos días para as/os cativas/os, emporiso, coa intención de facilitar esta labor as familias, propuxémoslles, elaborar un menú semanal, entre todas/os. Ás nais e aos pais gustoulles a idea, e fixemos un menú para unha semana, como experiencia piloto. Na segunda reunión do Espazo das familias, decidiremos se continuamos con esta proposta ou non.

Grazas por vir a todas/os. Agardamos que vos gustase e contamos convosco para a próxima xuntanza.