Os maios

Coa chegada da primavera chegan tamén as flores, polo que conmemoramos a festa dos maios, tan tradicional na nosa zona. Os máis cativos non se ían quedar atrás na participación desta festividade.

Decidimos facer o emblema das galescolas debuxando primeiro a silueta en porexpan e posteriormente dándolle forma cun cuter. A partir de aquí, comezou a laboura das crianzas, que consistiu en cravar as flores no porexpan baixo as nosas indicacións.

A maiores, cando estivo rematado o noso maio, fixemos un corro o seu redor e cantamos unha pequena estrofa dunha cantiga:

“Aí ven o maio

de flores cuberto

puxéronse á porta

cantándome os nenos”.
A verdade é que quedamos sorprendidos do ben que nos quedou. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado, a ver que opinades:

Facemos a base do maio e eleximos as flores:

forresgan.JPG collendo flores.JPG

Atarefados na súa elaboración:

facendo maio.JPG facendo maio2.JPG

Por fín o noso maio está rematado, e todos/as o festexamos:

galescola.JPG cantando maio.JPG

Un Comentario en “Os maios”

  1. belen e jose angel Dixo:

    ola somos os pais de sara saudos a todos. oxe 28 mayo, estivemos na galescola xogando e falando un ratiño e estivo xenial.
    fixonos reflesionar en que se acaba un ano e que sara o igual que alguns dos seus compañeiros deixan a galescola e empezan outra etapa e estamos agradecidos a ese pedazo bloque que fan os profesores e contentos de que compartiran todo este tempo cos nosos peques.
    E a os que veñen entre eles sofia ,hugo …….. que o van pasar pipa e facer un monton de trasgadas e xogos enhoraboa a todos.

Deixar un Comentario

Se o seu comentario non aparece despois de escribilo, estará na lista de aceptación mantida polo dono ou dona deste blog.