O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 2 de Xuño do 2008 ás 15:41Cada 17 de maio, Galicia honra o día das letras galegas. Este ano adicado a Xosé María Álvarez Blazquez, escritor que a maiores de ter obras en distintos xéneros literarios; tamén tivo cabida na súa imaxinación a narrativa infantil con obras como ” Os ruíns”, ” A pega rabilonga e outras historias de tesouros”.
Decidimos que a mellor forma de homenaxealo era co son dunha gaita galega que grazas a Lidia puidemos escoitar e desfrutar bailando. Ademais as crianzas puideron manipular os instrumentos musicais típicos da nosa terra como son a pandereta e a gaita, e tamén o traxe rexional.




