A galescola

Trátase dun centro de Educación Infantil que ten unha única unidade de 0-3 anos, cunha ratio máxima de 20 alumnos/as (incluida unha praza para casos de emerxencia social).
Instalacións:
- Internas: Unha aula para traballar co alumnado, que ten un baño adaptado para os/as nenos/as; unha aula para cambiar aos/ás nenos/as e para durmir a sesta, que ten un baño adaptado para os/as nenos/as; un comedor; o despacho de dirección; un pequeno almacén; e un baño para o equipo educativo.

- Externas: patio de xogos, perfectamente valado, con zona verde que ten un tobogán, unha mesa e unha casiña. O equipamento, tanto en recursos materiais como didácticos, de todas estas instalacións, é suficiente e adecuado para levar a cabo a nosa labor educativa.

Calendario escolar:
O curso dará comezo o día 3 de Setembro, e rematará o día 31 de Xuño. Estará pechada os días festivos, marcados no calendario laboral e as festividades locais (20 de agosto, e o mércores do Entroido). A partir do día 1 de Xullo dará comezo o programa de galescola de verán que terá un horario máis reducido, e se prolongará ata o día 31 de Agosto.
Horario do centro:
Por demanda dos/as usuarios/as o centro posúe xornada continuada de 8:30 a 20:30 horas, aínda que a franxa horaria ofertada é de 7:30 a 21:30 horas. Cada neno/a non poderá pasar máis de 8 horas no centro.
Características lingüísticas:
O idioma vehicular do centro, é o galego, pola necesidade de potenciar a educación en galego dende a primeira infancia, e por ser o idioma predominante na maioría da comunidade educativa (alumnos, pais, profesorado…)
Características ideolóxicas:
Este centro é aconfesional, respetuoso e tolerante, con tódalas formas de expresión e comunicación, crenzas relixosas, diversidade cultural, e coa pluralidade política e ideolóxica dos membros da comunidade educativa.
Intencións educativas:
A grandes rasgos, pretendese potenciar o caracter educativo - asistencial nesta etapa, deixando atrás o concepto de garda e custodia, e polo tanto, que o alumnado: creza e se desenvolva con autonomía e liberdade, desenrolando a súa capacidade creativa, e investigativa, aprendendo a convivir en respecto, tolerando aos que manifestan opinións diferentes ás propias e respectando os valores democráticos.




