QUEBRACABEZAS CASEIROS
Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 15 de Maio do 2008 ás 15:32O equipo educativo desta galescola, cando elaborou a programación anual, pensou que sería importante aportar algún material elaborado por eles mesmos, xa que neste centro estamos moi concienciados na labor da reutilización do material de refugallo, polo que empregamos cartóns para realizar uns quebracabezas coas formas de animais.
A continuación mostrámosvos como os nenos e nenas realizaron os quebracabezas, tamén imitaron os sons que producen estes animais e identificaron algunhas das súas cores.




